Neste momento estás a ver Álvaro Pino, “Máis dun milleiro de persoas visitan o territorio durante a ruta cicloturística”

Álvaro Pino, “Máis dun milleiro de persoas visitan o territorio durante a ruta cicloturística”

O domingo 22 de maio celebrase unha nova edición da Sestelo – Clásica Álvaro Pino, unha ruta cicloturista que homenaxea a traxectoria do campión nacional, Álvaro Pino e que pasará por varios concellos do territorio Condado Paradanta.

Para o ponteareán é unha honra que a ruta leve o seu nome e considera todo un privilexio poder gozar da paisaxe desde a bicicleta.

A ruta de cicloturismo pasa por diferentes concellos do Condado Paradanta, o que supón unha gran oportunidade para coñecer o territorio. Que é o que máis destaca da zona?

Só o feito de poder gozar dende a bicicleta da nosa fermosa paisaxe e un verdadeiro pracer.

O ciclismo é unha actividade ideal para coñecer Condado Paradanta, porque é un territorio que combina na súa parte norte, zonas altas de montaña con altos como os de Piñeiro, Luneda e Moncelo, que forman parte do percorrido da proba, cunha orografía máis suave como é a ribeira do Río Miño,na parte sur.

Ademais a experiencia complétase coa variada oferta gastronómica, enolóxica e de aloxamentos. Podemos realizar a ruta e aproveitar a oferta turística que nos ofrece o noso territorio fronteirizo.

O turismo deportivo está en auxe e o ciclismo é un dos motivos. Aproximadamente, cantas persoas visitan o territorio durante unha actividade desta natureza?

Entre participantes e acompañantes, máis de un milleiro. Sen subida é un gran atractivo para a zona.

Xa para rematar, para os visitantes de fóra do territorio. Que lles aconsella facer ou visitar antes ou despois da ruta de cicloturismo?

A verdade é que non sabería por onde empezar, pero xa que o tempo acompaña, despois da proba poden mergullarse nas praias fluviais de Maceira e a Freixa. Outra opción moi atractiva e totalmente recomendable é aproveitar as augas termais de Salvaterra de Miño ou visitar o afamado Balneario de Mondariz.

Tamén aconsello non marchar da zona sen visitar algunha das adegas e degustar os mellores viños da DO Rías Baixas, e se o complementan coa degustación de produtos locais como a lamprea, o xamón ou doces como o requeixo ou as rosquillas, a experiencia é redonda. Aquí hai moitos restaurantes nos que escoller, así que eu non tería dúbidas para probar a gastronomía típica da zona.

E si queda tempo, tamén recomendo aproveitar a estancia para percorrer algúns dos múltiples sendeiros para empaparse da paisaxe e dos ríos como o Tea, o Deva e o Miño.

E algunha recomendación cultural?

A Franqueira e o Castelo de Sobroso, visitas que nunca defraudan!