XORNADAS TÉCNICAS: NOCIÓNS BÁSICAS PARA O APROVEITAMENTO DOS SOUTOS

XORNADAS TÉCNICAS: NOCIÓNS BÁSICAS PARA O APROVEITAMENTO DOS SOUTOS

COVELO - 01/10/2020
AS NEVES - 19/10/2020
MONDARIZ - 30/10/2020

O GDR Condado Paradanta colabora coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria AGACAL para a organización dunhas accións ao redor da castaña. Trátase de dúas xornadas sobre as “Nocións básicas para o aproveitamento dos soutos” e unha sobre “O castiñeiro de froito: planificación e deseño das plantacións”

A inscrición é totalmente GRATUÍTA.

Esta actividade encadrase dentro do Plan de Transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2020. Financiadas co 75% de Fondos FEADER.

Actividade promovida pola Consellería de Medio Rural, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Departamento de Investigación e Transferencia e o GDR Condado Paradanta.

XORNADA EN COVELO

Día: xoves,  1 de outubro.

Hora: 18:00h

Lugar: Auditorio Municipal de Covelo (Covelo)

XORNADA EN AS NEVES

Día: luns,  19 de outubro.

Hora: 18:00h

Lugar: Auditorio Municipal de As Neves (As Neves)

XORNADA EN MONDARIZ

Día: venres, 30 de outubro.

Hora: 18:00h

Lugar: Centro Social de Mondariz (Mondariz)