XORNADAS DE COMUNICACIÓN E ORATORIA. CONFERENCIA.

XORNADAS DE COMUNICACIÓN E ORATORIA. CONFERENCIA.

CONFERENCIA DE SANTIAGO MARTÍNEZ

O GDR Condado Paradanta pon en marcha unha nova actividade! Desta volta pensamos nos empresarios, empresarias, emprendedores e emprendedoras do territorio, pero tamén en moita outra xente que teña a necesidade de falar en público, de realizar unha exposición ou mesmo de vender o seu negocio, o seu produto, as súas ideas…

Estamos a falar das XORNADAS DE COMUNICACIÓN E ORATORIA DO GDR CONDADO PARADANTA.

Estas xornadas comezarán cunha conferencia o mércores 26 de setembro de 2020 no Centro Social do Concello de Mondariz. E quen mellor que Santiago Martínez para falarnos da comunicación e a oratoria? Santiago é Campión Nacional de debate e oratoria e Subcampión Internacional de debate e discurso político. El será o encargado de levar a cabo a conferencia.

OBXECTIVOS

Dentro das habilidades blandas máis solicitadas polas empresas para a década 2030 atópanse as habilidades da comunicación.

Falar é unha actividade cotidiana e en moitas conversacións no ámbito empresarial ábresenos a oportunidade de dar a coñecer o nos negocio ou produtos.

É por isto polo que debemos tomar conciencia do noso modo de expresarnos e de se estamos a comunicarnos do xeito máis poderoso e eficiente posible.

CONFERENCIA

Título: Comunicación e oratoria.

Lugar: Centro Social de Mondariz (https://goo.gl/maps/MtLtGiauBvEbPTdu5)

Hora: 19:00h

PONENTE

O encargado da conferencia será un máis que experto na materia da comunicación e a oratoria.Santiago Martínez.

Santiago Martínez, ademais de ser un experto en discurso político, ten un palmarés digno de admirar:

  • 2005: Subcampión Nacional de debate e oratoria.
  • 2007: Campión Nacional de debate e oratoria.
  • 2008: Campión Nacional de debate e oratoria.
  • 2012: Subcampión Internacional de debate e discurso político.