XORNADAS DE COMUNICACIÓN E ORATORIA PARA EMPRESARIOS E EMPRENDEDORES

XORNADAS DE COMUNICACIÓN E ORATORIA PARA EMPRESARIOS E EMPRENDEDORES

TRES XORNADAS PARA EMPRESARIOS/AS E EMPRENDEDORES/AS

 

O GDR Condado Paradanta pon en marcha unha nova actividade! Desta volta pensamos nos empresarios, empresarias, emprendedores e emprendedoras do territorio, que teñan a necesidade de falar en público, de realizar unha exposición ou mesmo de vender o seu negocio ou os seus produtos

Estamos a falar das XORNADAS DE COMUNICACIÓN E ORATORIA DO GDR CONDADO PARADANTA.

Serán tres as xornadas que dedicaremos a formarnos no mundo da comunicación e a oratoria. Ademais contaremos con aunténticos profesionais do sector como son Santiago Martínez, Roberto Pérez e Juan José Romero.

OBXECTIVOS

Dentro das habilidades blandas máis solicitadas polas empresas para a década 2030 atópanse as habilidades da comunicación.

Falar é unha actividade cotidiana e en moitas conversacións no ámbito empresarial ábresenos a oportunidade de dar a coñecer o nos negocio ou produtos.

É por isto polo que debemos tomar conciencia do noso modo de expresarnos e de se estamos a comunicarnos do xeito máis poderoso e eficiente posible.

  1. Identificar as chaves da boa comunicación: estructuración da mensaxe, xesticulación e posta en escea.
  2. Aplicación dos conceptos ao ámbito empresarial: presentación corporativa, presentación de produtos, networking de negocios…
  3. Comunicación vencellada ao teletraballo: adaptación da mensaxe ao novo contexto laboral para a súa utilización a través das novas tecnoloxías: videoconferencias con clientes, webinars para captación de clientes…

 

Sesión 1: BASES XERAIS DA ORATORIA

Nesta primeira xornada abordaránse temas como a preparación do discurso, utilización do contexto, linguaxe non verbal e programación neurolingüística aplicada á comunicación.

Sesión II: COMUNICACIÓN EMPRESARIAL

Na segunda das xornadas analizaremos de que xeito se pode crear un discurso para presentar a empresa ou o produto, como estruturar a mensaxe e a exposición, así como tratar un tema moi potente como é o do networking de negocios.

Sesión III: COMUNICACIÓN EMPRESARIAL A TRAVÉS DE NOVAS TECNOLOXÍAS

Por último, remataremos a terceira xornada falando de ferramentas dixitais, singularidades da comunicación a distancia e do uso da comunicación en entornos dixitais. Algo de moito valor no momento actual.

PONENTES

  • Santiago Martínez Suárez. Campión Nacional de debate e oratoria en 2007 e 2008, subcampión en 2005 e subcampión internacional de debate e discurso político en 2012.
  • Roberto Pérez Marijuán. experto en oratoria profesional, comunicador en La Mirilla de Ondacero e Radio Vigo, presentador de eventos empresariales.
  • Juan José Romero Crusat: experto en presentaciones visuais e comunicación comercial.

 

PRAZAS DISPOÑIBLES

Por causa da pandemia do coronavirus vémonos na obriga de ofertar un reducido número de prazas para estas xornadas.

Un máximo de 15 empresarios e/ou emprendedores poderán asistir, tendo preferencia aqueles que residan ou ben teñan a sede do seu negocio no Condado Paradanta e Salceda de Caselas.

DATAS E LUGAR

 

As xornadas desenvolveranse os vindeiros días:

  • Sesión I: luns 21 de setembro, ás 19:00h.
  • Sesión II: mércores 23 de setembro, ás 19:00h.
  • Sesión III: venres 25 de setembro, ás 19:00h.

O lugar de realización das xornadas dependerá da procedencia dos inscritos posto que este GDR tentará beneficiar na medida do posible aos inscritos.