Asset 4

PASAPORTE AO CONDADO PARADANTA é un produto turístico singular formado por 24 experiencias únicas, deseñado para que goces durante a túa estancia entre nós, con quen queiras e cantas veces queiras.

Atoparás aloxamentos con moito encanto, restaurantes e adegas para saborear o territorio, excelentes guías que che amosarán fermosos recunchos, produtos locais únicos, natureza e patrimonio cultural para que goces da túa visita.

DESCÚBREO A CONTINUACIÓN!

 

Podes atopar o PCP nos establecementos do Xeodestino Condado Paradanta que participan neste proxecto e que están identificados adecuadamente.

  1. Segue as súas instrucións, completa os teus datos e a enquisa de validación do PCP que atoparás nesta páxina. En canto recibas o correo electrónico de confirmación poderás empezar a usar o teu PCP.
  2. Escolle as experiencias que máis che gusten e goza delas con quen queiras e cantas veces queiras.
  3. Cada vez que uses o PCP, lembra que deben selarche o recadro correspondente. Se queres repetir algunha experiencia, faino, e selaranche un novo recadro. Ademais, deberás completar unha pequena enquisa, seguindo o código QR en cada experiencia.

 

*A vixencia deste pasaporte e das ofertas que inclúe remata o 31 de decembro do 2021, polo que tes todo o ano para gozar delas.

Poderás atopar o PASAPORTE AO CONDADO PARADANTA:

  1. Nos establecementos participantes neste proxecto e que atoparás debidamente identificados.
  2. Nos concellos e nas oficinas e puntos de información turística do territorio.
  3. Nas oficinas do GDR Condado Paradanta.

Para participar nos sorteos do PASAPORTE AO CONDADO PARADANTA é preciso:

  • Completar un número determinado de selos que acrediten a participación nas distintas experiencias.
  • Cando completes o número de recadros necesarios para participar nun dos sorteos, debes enviarnos unha foto da folla de datos debidamente cuberta e tantas fotos das follas de selos como necesites para iso, ao nº de WhatsApp 986663329.
  • Lembra que en todas estas follas debe figurar o teu nome completo.

 

PREMIOS

Dependendo do número de selos que teñas, poderase optar a distintos premios:

4 SELOS: Lote de produtos do Condado Paradanta

8 SELOS (*pódense repetir 2): Comida ou cea para dúas persoas

12 SELOS (*pódense repetir 3): Comida ou cea para dúas persoas + actividade

16 SELOS (*pódense repetir 4): Comida + actividade + cea + unha noite de aloxamento para dúas persoas

17 OU MÁIS SELOS (*pódense repetir 4): estadía dun fin de semana (dúas noites) con aloxamento, manutención e actividades guiadas.

PREMIO Á DIFUSIÓN:

Haberá un premio á difusión, consistente nun lote de produtos do Condado Paradanta, para a persoa que acade a maior repercusión en redes sociais, Facebook e Instagram, dunha fotografía da súa participación nunha das propostas do PCP. Para isto, contabilizaranse o número de gústame ou likes conseguidos en cada unha das rondas de concurso.

 

DATAS DOS SORTEOS

  • Xullo: 4 sorteos (4, 8, 12, 16; + premio á difusión)
  • Outubro:4 sorteos (4, 8, 12, 16; + premio á difusión)
  • Decembro – xaneiro: 5 sorteos (4, 8, 12, 16, especial; + premio á difusión)

 

CONDICIÓNS

  1. As persoas participantes estarán incluídas en todos os sorteos, de acordo co número de selos acreditados dous días antes de cada sorteo. Así, unha persoa con 13 selos participará no sorteo de 4, 8 e 12 selos.
  2. No caso de ter premio en máis dun sorteo, tan só recibirán o de maior categoría. O outro premio de menor categoría será asignado ao seguinte na lista do sorteo.
  3. Os premios á difusión son excluíntes: no premio de xullo participarán as fotografías que se presenten ata xullo. No premio de outubro participaran as fotografías publicadas dende xullo ata outubro.
  4. En ningún caso os premios poderán cambiarse por cantidades en metálico.

Os datos proporcionados polas persoas participantes serán xestionados por GDR Condado Paradanta.

Poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose por escrito ao domicilio social da entidade, situado en Rúa Silleda s/n A Cañiza (Pontevedra) ou no correo electrónico gdr@gdrcondadoparadanta.gal .

 

O funcionamento do PASAPORTE AO CONDADO PARADANTA réxese polas seguintes bases legais:

  1. PASAPORTE AO CONDADO PARADANTA é un produto turístico e de promoción xestionado polo GDR Condado Paradanta, sendo esta entidade a única competente no seu desenvolvemento.
  2. O PASAPORTE AO CONDADO PARADANTA é persoal e intransferible.
  3. A participación neste produto turístico implica o compromiso decumprir os requisitos fixados no PASAPORTE AO CONDADO PARADANTA.
  4. Igualmente, implica o compromiso de seguir en todo momento as indicacións dos responsables de cada unha das propostas específicas recollidas neste documento.
  5. O organizador, o GDR Condado Paradanta, resérvase o dereito de introducir cambios ou facer modificacións coa fin de mellorar o desenvolvemento de PASAPORTE AO CONDADO PARADANTA, sen máis requisito que anuncialo nesta páxina
  6. Os sorteos nos que quen participen teñan un determinado número de selos poden sufrir cambios ou variacións por parte da organización, sen máis requisito que anuncialo nesta páxina
EXPERIENCIAS
DESCOBRE TODAS AS

EXPERIENCIAS