GDR CONDADO PARADANTA

Propoñemos accións que axuden á posta en valor dos recursos do territorio, que potencien os negocios do territorio e que promovan sinerxias entre persoas. Xestionamos fondos e programas europeos orientados ó desenvolvemento económico do entorno.

QUE É O GDR?

É unha asociación sen fins de lucro que se constitúe en A Cañiza o 30 de xullo de 2008 coa finalidade de vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos da comarca Condado Paradanta e constituírse nun foro de debate continuo sobre os problemas do territorio, prestando especial atención á mocidade, ás mulleres, á protección do ambiente, á creación de emprego e ás actividades agrogandeiras e forestais.

 

ORGANIZACIÓN DO GDR:

  1. Asemblea Xeral

Máximo órgano decisorio da Asociación. Integrada por todos e todas os socios e as socias.

Quero ser soci@

FACERSE SOCIO

  • Condicións para ser socio do GDR:
    • Ser unha entidade pública (concello, deputación ou entidades locais)
    • Ser unha entidade privada (axentes económicos e sociais)
    • Estar aliñado cos fins e valores do GDR
    • Ter o domicilio social no territorio ou acreditar a actividade no territorio.
  • Como facelo:
    • Solicitar o seu ingreso en documento escrito
    • Acreditar un ano de actividade no territorio
    • A Xunta Directiva e o equipo técnico estudará a proposta e resolverá a súa aceptación ou denegación de acceso.
DESCARGA A DOCUMENTACIÓN PARA SER SOCIO DO GDR

  1. Mesas sectoriais

Son os órganos representantes do axentes territoriais dentro da asociación.

  • Asociacións de mulleres
  • Asociacións de mozos
  • Asociacións de acción social
  • Asociacións cuxo obxecto social garde relación coa protección, conservación e/ou mellora do medio ambiente
  • Asociacións do sector agrario
  • Asociacións de empresarios
  • Asociacións profesionais
  • Asociacións culturais
  • Entidades públicas
  1. Xunta Directiva

Órgano executivo da asociación composta por presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e vogais

  1. Equipo técnico

É o encargado da xestión diaria dos proxectos nos que o  GDR participa.

TERRITORIO DE ACTUACIÓN

Engloba ós concellos de ARBOA CAÑIZACOVELOCRECENTEAS NEVESMONDARIZMONDARIZ BALNEARIOPONTEAREASSALCEDA DE CASELAS e SALVATERRA DE MIÑO.

OBXECTIVOS PERSEGUIDOS

  • Constituír foro de debate
  • Sensibilizar e optimizar o aproveitamento dos recursos endóxenos
  • Ser centro receptor e distribuidor da información do desenvolvemento socioeconómico
  • Formular a estratexia adecuada para lograr o desenvolvemento da zona
  • Articular dinámicas de participación

Para conseguir estes obxectivos utilízanse actividades e actuacións como:

  • Iniciativas dirixidas a fixar a poboación
  • Organizar e promover actividades socioculturais
  • Promover intercambio de experiencias
  • Levar a cabo campañas de difusión da comarca
  • Implicarse na xestión de programas de desenvolvemento para a comarca
  • Promover actuacións e proxectos para o desenvolvemento do territorio
  • Calquera outra actividade de interese