Presentamos a nova páxina web do GDR Condado Paradanta

Presentamos a nova páxina web do GDR Condado Paradanta

Xa temos lista a nova páxina web do GDR Condado Paradanta, unha páxina dinámica e moderna, con un look atractivo e ordenado, onde os usuarios poderán acceder de xeito máis doado a toda a oferta de dinamización e máis aos plans e axudas que o GDR recopila para poñer a disposición dos internautas da zona.

A web está feita con altos estándares de usabilidade e sostenibilidade tentando que poda ser utilizada dende calquer tipo de dispositivo, tanto de escritorio (ordenadores de sobremesa, portátiles, tablets, teléfonos celulares…).

Esperamos que sexa de utilidade para os usuarios e que a vexan de xeito atractivo e de uso sinxelo.