POSTA EN VALOR DA REDE DE OBSERVATORIOS NOCTURNOS E MIRADOIROS GDR CONDADO PARADANTA

POSTA EN VALOR DA REDE DE OBSERVATORIOS NOCTURNOS E MIRADOIROS GDR CONDADO PARADANTA

O GDR Condado Paradanta pon en marcha diferentes actividades co obxectivo de promocionar e por en valor a Rede de Observatorios Nocturnos e Miradoiros do Condado Paradanta.

Actualmente contamos cas instalacións completas de dous miradoiros e a previsión de completar outros dous este ano. A Rede de Observatorios Nocturnos e Miradoiros, impulsada polo GDR Condado Paradanta, pretende chegar a un total de 10 instalacións deste tipo, unha por concello, constituíndo por tanto un importante recurso e atractivo turístico do Xeodestino Condado Paradanta.

Por elo vos deixamos por aquí as distintas actividades que temos programadas para o vindeiro día 29 de agosto.

I VOO EN PARAPENTE GDR CONDADO PARADANTA

Trátase dunha actividade lúdica, non competitiva, e de apoio aos afeccionados ao parapente que habitualmente voan no Condado Paradanta, organizada polo GDR Condado Paradanta.

Os afeccionados que o desexen, necesariamente federados, están convidados a participar nunha xornada que empezará as 12.00 do día 29 dende os miradoiros de San Nomedio (As Neves) e Castelo do Faro de Avión (Covelo).

Dende esta hora e ata as 18.00 horas, sempre que as condicións atmosféricas o permitan, realizaranse voos ate á pista de aterraxe situada no concello de As Neves.

Para facilitar que se poidan facer varios saltos, mesmo dos dous puntos, a organización disporá de dous vehículos para achegar aos parapentistas aos puntos de saída.

Todos os participantes recibirán, como agasallo, unha foto conmemorativa desta actividade.

MOI IMPORTANTE: Para participar e imprescindible ESTAR EN POSESIÓN DA CORRESPONDENTE LICENCIA FEDERATIVA E SEGURO, e inscribirse antes do día 28 chamando ao GDR Condado Paradanta 986 66 33 29 ou escribindo ao correo gdr@gdrcondadoparadanta.gal

As prazas están limitadas e se asignan por orde de inscrición

A organización non se fai responsable de ningún tipo de dano sufrido ou causado polos participantes nesta actividade.

Durante todas actividades cumpriranse as normas vixentes respecto do COVID-19.

ANDAINA GUIADA GDR CONDADO PARADANTA

A segunda parte desta xornada de dinamización está relacionada coa natureza do Condado Paradanta. Consistirá nunha actividade de sendeirismo que partirá de Prado (Covelo) cara á Fervenza de Parrelos, seguindo o Sendeiro das Estrelas. O camiño segue, cara arriba, o curso alto do río Tea. Esta actividade estará dirixida por unha guía profesional.

MOI IMPORTANTE: Para participar e imprescindible inscribirse antes do día 28 chamando ao GDR Condado Paradanta 986 66 33 29 ou escribindo ao correo gdr@gdrcondadoparadanta.gal

As prazas están limitadas e se asignan por orde de inscrición.

Os participantes deberán levar o seguinte: Roupa e calzado cómodo para camiñar na Senda das estrelas. Cea e bebida. Roupa de abrigo (botas, xersei, anorak, luvas, gorro, etc.) xa que pola noite e no alto da montaña, haberá moito frío. Lanterna (mellor se inclúe luz vermella).

Toda a xornada é unha excelente ocasión para facer fotos ou vídeos, o que recordamos aos participantes.

A organización non se fai responsable de ningún tipo de dano sufrido ou causado polos participantes nesta actividade.

Durante todas actividades cumpriranse as normas vixentes respecto do COVID-19.

OBSERVACIÓN NOCTURNA GDR CONDADO PARADANTA

Para rematar o día teremos unha observación do ceo nocturno do Condado Paradanta, cun obradoiro de astronomía e observación nocturna do ceo dende un lugar inmellorable como é o Miradoiro do Castelo do Faro de Avión (Covelo).

Desfrutaremos da observación do ceo nocturno, especialmente da lúa en fase crecente e asistiremos a explicacións sobre astronomía, lendas, etc. ao tempo que poderemos observar o ceo con telescopios profesionais. Esta actividade estará dirixida por un experto en astronomía e con acreditación da Fundación Starlight.

Ademais servirase un chocolate e café quentes, acompañados duns melindres de Ponteareas, para axudar a entrar en calor.

MOI IMPORTANTE: Para participar e imprescindible inscribirse antes do día 28 chamando ao GDR Condado Paradanta 986 66 33 29 ou escribindo ao correo gdr@gdrcondadoparadanta.gal

As prazas están limitadas e se asignan por orde de inscrición.

Os participantes deberán levar o seguinte: Roupa e calzado cómodo para camiñar na Senda das estrelas. Cea e bebida. Roupa de abrigo (botas, xersei, anorak, luvas, gorro, etc.) xa que pola noite e no alto da montaña, haberá moito frío. Lanterna (mellor se inclúe luz vermella).

Toda a xornada é unha excelente ocasión para facer fotos ou vídeos, o que recordamos aos participantes.

A organización non se fai responsable de ningún tipo de dano sufrido ou causado polos participantes nesta actividade.

Durante todas actividades cumpriranse as normas vixentes respecto do COVID-19

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA GDR CONDADO PARADANTA

Estas actividades son unha excelente oportunidade para facer boas fotografías e participar no II Concurso de Fotografía que tamén está a organizar o GDR Condado Paradanta e que está aberto á participación de tódalas persoas interesadas en mostrar as súas imaxes deste territorio.

Nesta ocasión, a temática xira en torno á visión da paisaxe e o territorio dende os distintos miradoiros, calquera deles, que existen nos dez concellos da comarca, e se poden enviar fotografías diúrnas e nocturnas.

O concurso conta con importantes premios e unha exposición dos mellores traballos.

As bases están publicadas en https://www.gdrcondadoparadanta.gal/ii-concurso-de-fotografia-gdr-condado-paradanta/