PROXECTO DE RECUPERACIÓN DE MUÍÑOS EN SAN SALVADOR DE PRADO

PROXECTO DE RECUPERACIÓN DE MUÍÑOS EN SAN SALVADOR DE PRADO

A C.M.V.M.C de San Salvador de Prado do Concello de Covelo, recuperou ´con este proxecto catro muíños, que datan de máis de cen anos, para favorecer o seu estado de conservación, pero sen modificar o seu encanto de construción antiga.

Os muíños son o do: Extramadoiro, Chaparro, Longo e Medio.

O proxecto abarcou dende a recuperación dos catros conxuntos etnográficos de grande valor histórico ata a roza e sinalización da zona.