PROXECTO DE POSTA EN VALOR DO ENTORNO DE TOUTÓN

PROXECTO DE POSTA EN VALOR DO ENTORNO DE TOUTÓN

Un novo servizo para os veciños, pero tamén para os visitantes de Toutón, é o que procura este proxecto promovido pola CMVMC desta parroquia de Mondariz.

As diferentes accións que se realizarán, entre as que podemos destacar a instalación dun parque infantil para os máis cativos e dun parque biosaudable, entre outras actividades de mellora, xunto coa proximidade ao centro social permitirán o desfrute dun novo espazo de lecer nesta parroquia mondaricense.