Neste momento estás a ver PROXECTO DE ÁREA RECREATIVA NA PARROQUIA DE MEIROL

PROXECTO DE ÁREA RECREATIVA NA PARROQUIA DE MEIROL

Este proxecto oriéntase cara a readaptación dunha parcela de gran tamaño buscando crear unha gran área recreativa, de lecer e cun marcado carácter para veciños e visitantes na parroquia de Meirol. A rehabilitación do entorno, o axardinamento e a instalación de mobiliario de xardín, un parque infantil e outro parque biosaudable, farán deste recinto un novo punto de encontro para os veciños así como unha área de descanso e lecer.