Neste momento estás a ver Proxecto Canles. Camiños asistenciais ás necesidades localizadas en espazos singulares.

Proxecto Canles. Camiños asistenciais ás necesidades localizadas en espazos singulares.

O Condado Paradanta é un territorio que ten como características o envellecemento da poboación coma consecuencia da redución da natalidade, o crecemento da emigración das persoas xoves e o aumento da esperanza de vida, entre outros moitos factores.

O presente proxecto, por tanto, dotará de infraestrutura de transporte a espazos con singularidade, xa sea pola ausencia de recursos especializados dirixidos á atención de persoas con demencia e a súa contorna familiar ou ben por encontrarse en localizacións situadas lonxe dos principais núcleos de poboación.

Así mesmo, cabe destacar que a incorporación destes elementos de transporte contribuirá a reducir o impacto ambiental que xera a actividade de transporte de AFAGA Alzheimer (máis de 70.000 km por ano). Cómpre destacar que a incorporación dun vehículo eléctrico diminuirá de forma salientable as emisións de gases contaminantes.