POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO CULTURAL E MEDIOAMBIENTAL DE MACEIRA. ROTEIRO NOCTURNO DE MACEIRA

POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO CULTURAL E MEDIOAMBIENTAL DE MACEIRA. ROTEIRO NOCTURNO DE MACEIRA

A través deste proxecto o promotor dota á comarca un novo recurso turístico como o é este roteiro nocturno. Os diferentes traballos e actuacións a acometer permitirán a creación deste percorrido singular no territorio.

A ruta, con carácter circular, recorre a parroquia de Maceira no concello de Covelo tendo como un dos seus eixos os diferentes cursos fluviais e recursos hídricos da zona. Desta forma instalarase un xerador hidráulico que permita aproveitar a forza dun elemento natural como é a auga para o alumeado da senda ao longo da noite.