Neste momento estás a ver POSTA EN VALOR DO MONTE COMUNAL DE GODÓNS PARA OS VECIÑOS CON ÁREA RECREATIVA, PRAIA FLUVIAL E PARQUE BIOSAUDABLE

POSTA EN VALOR DO MONTE COMUNAL DE GODÓNS PARA OS VECIÑOS CON ÁREA RECREATIVA, PRAIA FLUVIAL E PARQUE BIOSAUDABLE

Con este proxecto a CMVMC pretende a posta en valor do patrimonio rural da parroquia de Godóns, mediante: o acondicionamento dunha área recreativa ubicada nunha parcela do Monte Comunal, mellorar de xeito respetuoso co medio o curso fluvial do río Tea, para que poida ser usado  como praia fluvial, construír un parque biosaudable, no local social e por último a posta en valor do foxo dos lobos.

A CMVMC pretende dotar a parroquia dunhas instalacións que axuden a mellorar a calidade de vida dos propios veciños, persoas maiores e mozos, así como tamén que axude como reclamo para visitantes.