Neste momento estás a ver INSTALACIÓN DE REDE WIFI NAS PARROQUIAS

INSTALACIÓN DE REDE WIFI NAS PARROQUIAS

Buscouse a instalación de puntos de acceso wifi en catro enclaves das parroquias de A Cañiza, as cales, son: Achas, Oroso, Valeixe e no barrio do Cebreiro pertencente a parroquia de A Franqueira.

O Concello de A Cañiza é un dos Concellos do rural dos que sofre os problemas das novas tecnoloxías, como neste caso o de ter acceso a internet, por tratarse dun Concello cunha orografía moi accidentada.

Poder ter acceso a internet a día de hoxe e preciso para realizar múltiples actividades durante a vida cotiá, tales como, poder pedir unha cita para ir a consulta do médico, para ter un correo electrónico, para realizar cursos…