Neste momento estás a ver Hostal *** Praza de San Agustín de As Neves

Hostal *** Praza de San Agustín de As Neves

Con este proxecto ponse en marcha a instalación dun establecemento hoteleiro na edificación tradicional situada no mesmo núcleo urbano das Neves, no que se atopan numerosos castros, miradores, rutas de sendeirismo que contribue á posta en valor do patrimonio cultural e etnográfico da zona.

Trátase dunha edificación característica do núcleo urbano, en bo estado de conservación, no que se aplicaron as adaptacións necesarias para a mellora de acabados da edificación.

O hostal estaría composto por: na planta baixa, un restaurante con servizo de comedor para os clientes, con cociña, almacén e aseos de uso xeral. Nas plantas superiores se dispondría de un total de 6 habitacións con baño, unha familiar con tres prazas, tres habitacións dobres e dúas sinxelas con un total de 11 prazas. O hostal contaría cunha sala de estar na primeira pranta. As obras non implican aumento de volumen , nin de superficie construida da edificación.