Neste momento estás a ver ALOXAMENTO DE TURISMO ECUESTRE NA COMARCA CONDADO PARADANTA

ALOXAMENTO DE TURISMO ECUESTRE NA COMARCA CONDADO PARADANTA

Pretendendo posicionarse como un referente do turismo ecuestre a nivel comarcal e autonómico nace este proxecto na parroquia covelense de Paraños. Rehabilitarase e realizaranse traballos de mellora nunha antiga Casa Grande e na súa extensa finca a carón do Río Xabriña para o servizo de aloxamento de turistas e visitantes.

Este proxecto diferenciarase pola súa orientación ecuestre contando con instalacións e servizos para o aloxamento e coidado de eguas e cabalos, ademais de  ofertar diferentes actividades complementarias relacionadas co mundo equino.