ADQUISICIÓN DUN NOVO FURGÓN PARA A AMPLIACIÓN DA ACTIVIDADE DE BALONMÁN

ADQUISICIÓN DUN NOVO FURGÓN PARA A AMPLIACIÓN DA ACTIVIDADE DE BALONMÁN

O Clube Balonmán Cañiza ven realizando unha importante labor deportiva no territorio ao longo destes últimos anos, pero se cadra máis importante é a súa faceta social, facilitándolle a práctica do balonmán a máis de 120 nenos e nenas do concello de A Cañiza e outros limítrofes.

Deste xeito, a adquisición deste novo furgón, permitiralles continuar desenvolvendo a súa actividade trasladando aos rapaces e rapazas ata o polideportivo para realizar os seus adestramentos así como asistir ás diferentes competicións nas que participan.