Neste momento estás a ver ADQUISICIÓN DE INSTRUMENTOS E FORMACIÓN PARA A RECUPERACIÓN DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

ADQUISICIÓN DE INSTRUMENTOS E FORMACIÓN PARA A RECUPERACIÓN DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

A Asociación Cultural Cañiza, pretende recuperar a música tradicional da zona, a través da creación dunha “Escola de Música Tradicional Galega”. Para elo foi preciso formar alumnos con mestres cualificados que impartan clases de acordeón, pito, gaita, tambor, bombo, canto, pandeireta e solfeo.

Para o inicio deste proxecto, a Asociación precisa dunha serie de recursos materiais, instrumentos, megafonía, así como un profesorado idóneo e específico para a impartir das clases propias desa instrumentalización. Recuperan deste xeito as cantigas e partituras que antigamente tocaban e cantaban no territorio do Condado-Paradanta.