II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA GDR CONDADO PARADANTA

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA GDR CONDADO PARADANTA

Rede de Observatorios Nocturnos e Miradoiros

O GDR Condado Paradanta pon en marcha a segunda edición do Concurso de Fotografía GDR Condado Paradanta. Tras unha primeira edición na cal participaron máis de 150 fotografías, este ano volve este concurso cunha temática distinta: a Rede de Observatorios Nocturnos e Miradoiros do Condado Paradanta.

Cas instalacións completas de dous miradoiros e a previsión de completar outros dous este ano, a Rede de Observatorios Nocturnos e Miradoiros, impulsada polo GDR Condado Paradanta, pretende chegar a un total de 10 instalacións deste tipo, unha por concello, constituíndo por tanto un importante recurso e atractivo turístico do Xeodestino Condado Paradanta.

Por elo, esta nova edición do concurso fotográfico tratará sobre as vistas que nos ofrecen os distintos miradoiros espallados por todo o territorio, tanto de día como de noite, e se regulará polas bases que podes consultar integramente ao final desta páxina.

TEMÁTICA

As fotografías recollerán, en xeral, todo aquelo que se pode observar nos distintos miradoiros, e dende eles, que se atopan nos dez concellos do Condado Paradanta.

Para os efectos deste concurso, entendemos miradoiro como calquera punto elevado que permite a observación dunha porción ampla do territorio do Condado Paradanta.

CATEGORÍAS

  1. Fotos diúrnas: entre o amencer e o solpor, ambos incluídos.
  2. Fotos nocturnas: tomadas sen luz solar.

DATAS DE ENTREGA

O prazo de entrega remata as 23:59 horas do día 15 de setembro de 2020

MODO DE ENTREGA

Os traballos deberán enviarse por correo electrónico ao enderezo: gdr@gdrcondadoparadanta.gal en formato JPEG. Xunto con cada fotografía deberán axuntarse os seguintes datos:

 

  1. Nome e apelidos do autor*
  2. Teléfono de contacto*
  3. Título da foto*
  4. Breve descrición da mesma
  5. Lugar onde se fixo*
  6. Perfil de facebook do autor/a

 

*Datos obrigatorios para a participación no concurso.

PUBLICACIÓN

As fotos recibidas publicaranse na páxina de Facebook do GDR Condado Paradanta (www.facebook.com/GDR13CondadoParadanta) e na súa conta de Instagram (@gdrcondadoparadanta).

PREMIOS

 

Premiaranse ás dúas mellores fotografías de cada categoría escollidas tanto por parte do público coma por parte do xurado.

As reaccións recibidas por cada fotografía na páxina de Facebook oficial do GDR Condado Paradanta () será o que determine as posicións das mesmas.

1º Premios: lote de produtos do Condado Paradanta Valorado en 100€

2º Premios: lote de produtos do Condado Paradanta Valorado en 50€

 

Premio especial: Mellor foto do ano 2020.

A fotografía que, na páxina de facebook do GDR Condado Paradanta, teña o maior número de reaccións no momento do fallo, será a denominada “mellor foto do ano 2020”. O autor ou autora recibirá un premio consistente nun salto en parapente dende un dos miradoiros do Condado Paradanta ou ben nun descenso de rafting polo Río Miño.

Por último, todos os autores seleccionados recibirán a súa obra impresa en alta calidade e enmarcada.