Neste momento estás a ver Enquisa aos veciños dos nosos concellos (xa finalizada)

Enquisa aos veciños dos nosos concellos (xa finalizada)

Participa na enquisa para recoller información que nos aclare a necesidade, ou non, de implantar unha estratexia que estimule a produción, transformación e consumo de produtos agroalimentarios locais dentro da nosa comarca.

A Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta, dentro da función de dinamización económica do seu territorio de actuación (Arbo, As Neves, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño), pretende valorar a necesidade de implantar unha estratexia que estimule a produción, transformación e consumo de produtos agroalimentarios locais dentro da nosa comarca.

Unha das primeiras accións que puxemos en marcha, para obter información que nos aclare a necesidade, ou non, de implantar esa estratexia, é a elaboración dunha enquisa que forma parte do estudo que estamos a realizar. A enquisa vai dirixida, esencialmente, aos veciños e veciñas dos nosos concellos e con ela pretendemos obter diversa información relacionada co obxecto do estudo.

Grazas polo teu tempo. Intentaremos que sirva para facer un rural máis produtivo, máis cómodo para vivir e con mellores servizos.

PINCHA AQUÍ PARA PARTICIPAR NA ENQUISA