AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Baixo a metodoloxía LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural) e impulsado pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, poñemos á túa disposición un conxunto de medidas enfocadas a que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.

O LEADER E O GDR

LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural) é o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que se executa coa finalidade de descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que cada territorio rural convértase en protagonista do seu propio desenvolvemento.

Cada grupo conta cunha estrutura técnica que se dedica ó labor de dinamización, mobilización e promoción con fin de acomodar a estratexia deseñada ó seu territorio, co obxectivo de que xurdan proxectos que se poidan financiar ó abeiro do programa.

É o propio GDR quen se encarga de analizar e valorar os proxectos e, en función diso, o seu órgano directivo atribúe unha porcentaxe da axuda partindo duns criterios predefinidos e coñecidos publicamente. A decisión trasládase a AGADER que, logo de revisar que a atribución do GDR se axusta á normativa, resolve a concesión da axuda.

LEADER 2023-2027

O 2 de xuño de 2022 foi publicado no DOG a Resolución do 18 de maio de 2022, pola que se publica o
Acordo do Consello de Dirección do 20 de abril de 2022, no que se aproban as bases reguladoras para
a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de
Galicia para o período 2023 – 2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades
e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo, para o período de programación 2023 – 2027.


Dende entón, o GDR Terra e Auga iniciou os trámites e traballos para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa (EDLP). 

ESTRATEXIA LEADER 2023-2027

LEADER 2014 – 2020: MARCO NORMATIVO

No marco do PDR  de Galicia 2014-2020 Agader vai tramitar a medida 19 Leader, amparada así mesmo polo Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, regula no título III, capítulo II o desenvolvemento local participativo (DLP)

Esta actuación dá continuidade a programas Leader anteriores tales como a iniciativa experimental (Leader I), pasando polos programas Leader II e Leader Plus, ata consolidarse no período 2007-2013 coma o eixe 4 do PDR de Galicia.

ESTRATEXIA LEADER 2014-2020

O ENFOQUE LEADER

O enfoque LEADER persegue unha aplicación do desenvolvemento rural baseado principalmente na participación da propia poboación do territorio, integrando todos os recursos e actores económicos e humanos que existan na comarca de actuación.

Tendo en conta as características específicas do territorio rural galego e o xa citado obxectivo de contribuír á estratexia europea 2020 acadando un desenvolvemento territorial equilibrado, incluíndo a creación e a conservación do emprego, o enfoque Leader para o período 2014-2020 en Galicia orientarase á consecución prioritaria dos seguintes, obxectivos:

  • Mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural.
  • Mellorar e implementar servizos para a poboación nas zonas rurais, favorecendo a mellora do nivel de vida da poboación rural, a inclusión social e a redución da pobreza.
  • Favorecer a ocupación sostible do territorio, prestando atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como as mulleres, os mozos/as, as persoas con discapacidade, as persoas maiores, etc.
  • Garantir a sustentabilidade da actividade no medio rural, mediante un coidado e utilización adecuada dos recursos naturais.
  • Potenciar a gobernanza local e a animación social do territorio.
  • Contribuír á concienciación e ao fomento da necesidade de pasar a unha economía baixa en carbono e capaz de adaptarse ao cambio climático, fomentando a utilización de enerxías renovables e a mellora da eficiencia enerxética.

Coa finalidade de estender a aplicación da metodoloxía LEADER o máximo posible, o territorio elixible será todo o rural galego, coa excepción das entidades singulares de poboación que superan os 6.000 habitantes nas provincias atlánticas da Coruña e de Pontevedra (xunto cos termos municipais de A Coruña e Vigo). Nas provincias de Lugo e de Ourense, en liña cos obxectivos dos Plans Impulsa Lugo e Impulsa Ourense da Xunta de Galicia, preténdese unha discriminación positiva en favor destas provincias mais rurais, tendo en conta o déficit de tecido produtivo e de servizos en relación coas provincias atlánticas. É por iso que nas citadas provincias de Lugo e de Ourense, unicamente se excluirá como territorio elixible as entidades singulares de poboación que superen os 10.000 habitantes.

METODOLOXÍA LEADER

Trátase de “procesos de abaixo cara a arriba”.

A estratexia ou programa de desenvolvemento defínese no ámbito local ou comarcal e as decisións, liñas que se propoñen, proxectos que se financian…, son tomadas nese mesmo ámbito por unións de axentes públicos e privados, os chamados Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR). Implica unha formulación multisectorial, tanto na dimensión económica, non só o sector primario, como no resto de dimensións sociais: equipamentos, servizos e dotacións públicas, patrimonio cultural, medioambiente, relacións sociais …

Incorpórase a innovación como un elemento relevante, non entendida unicamente como elemento tecnolóxico, senón como novos xeitos de enfrontar os procesos no territorio, a solución de problemas, a participación e implicación da poboación, a satisfacción das necesidades…

Un último elemento definitorio da metodoloxía LEADER é o traballo en rede e a cooperación entre territorios xa que a aposta por un medio rural vivo pasa por establecer alianzas entre os distintos territorios rurais.

QUEN PODE OPTAR?

Calquera persoa física ou xurídica que promova un proxecto no ámbito de actuación dun Grupo de Desenvolvemento Rural pode solicitar unha subvención. Os promotores non precisan formar parte do GDR para obter financiamento do programa LEADER. O que se debe ter en conta é que en función do proxecto pode haber restricións adicionais que recolle a normativa de aplicación (Exemplo: para os proxectos de natureza económica exclúense as grandes empresas).

Todas as entidades públicas ou privadas que desenvolvan a súa actividade nas áreas territoriais definidas do ámbito económico, social, cultural, veciñal, medioambiental, profesional, comunidades de montes etc. non só poden senón que deben implicarse no programa LEADER do seu territorio.

COMO SE PARTICIPA?

O programa LEADER de cada territorio deséñao e execútao un Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR).

  • Tramitación Axudas Programa Leader Galicia 2014-2020:
  • A solicitude de axuda, realizarase por vía electrónica a través de https://sede.xunta.gal,
  • Procedemento: MR701D AXUDAS LEADER. PDR DE GALICIA 2014-2020
  • Será redirixido á plataforma de xestión das axudas Leader, Xalea, onde poderá ir cubrindo a documentación necesaria
  • Documentación mínima a presentar no momento da solicitude:
    •  Solicitude
    • Relación de ofertas solicitadas e elixidas, xuntaranse tres ofertas de diferentes provedores que vaian orzamentar o mesmo ben. As ofertas teñen que ser auténticas, suficientemente detalladas e os provedores que sexan reais. As ofertas teñen que vir cos datos do provedor e cliente completos (nome, dni, enderezo, teléfono, etc…), e co selo e sinatura do provedor. Non pode existir vinculacións entre os provedores e clientes.
    • Declaración sobre as ofertas solicitada e elixidas
  • Toda vez esté completa a solicitude, Xalea volverá a dirixir ao usuario cara a sede electrónica da Xunta de Galicia para asinar e enviar a solicitude.
  • Unha vez presentada a solicitude de axuda, o Equipo Técnico do GDR ten dez días para realizar a Acta de non Inicio (ANI), e solicitar a documentación complementaria para continuar coa a tramitación do Expediente.
  • Calendario de xestión:
  • Prazos de presentación: SEMPRE ABERTO.
    • O importe de cada convocatoria comprométense segundo:
  1. Proxectos que tiveron rexistro de entrada na primeira etapa e os que quedaron en lista de agarda da convocatoria anterior.
  2. Proxectos que tiveron rexistro de entrada na segunda etapa.
  3. Proxectos que entran durante o resto do ano.
    • Un proxecto, soamente pode acceder a dúas anualidades.
    • Proxectos que conten coa Resolución de concesión de axuda:
      • Xustificación e execución do proxecto, 15 de outubro de cada ano.
      • Poderase xustificar o proxecto en dúas anualidades, da seguinte forma:
        • Primeira anualidade: mínimo 25 % e máximo 90%.
        • Segunda anualidade: mínimo 10% e máximo 75 %.

Para resolver calquera dúbida, contacte con nós.

COMO SE VALORA?

A valoración do GDR determinará a porcentaxe de subvención para cada proxecto. Así e todo, para os proxectos de natureza produtiva – os que se destinan a producir bens ou prestar servizos orientados ao mercado – non han superar nunca o 50% de axuda pública. Pola contra, os proxectos de natureza non produtiva – os que se destinan á prestación de servizos públicos gratuítos, a dotacións ou a mellorar a calidade de vida no rural – poden chegar a acadar o 100% do financiamento, aínda que como norma xeral o promotor sempre deberá facer algunha achega.

CRITERIOS DE SELECCIÓN E BAREMACIÓN DE PROXECTOS