XORNADAS
FOTOGRÁFICAS
2019

Xornadas dirixidas a todas as persoas que teñan interese no mundo da fotografía, con independencia dos seus coñecementos ou experiencia.

 

1. Dinamizar o territorio Condado Paradanta a través de actividades artísticas como a fotografía.

2. Incentivar entre os participantes o coñecemento do ámbito Condado Paradanta.

3. Divulgar os valores patrimoniais, paisaxísticos, naturais, etc. do Xeodestino Condado Paradanta.

Poderán inscribirse ás Xornadas Fotográficas GDR Condado Paradanta as persoas maiores de idade con interese no mundo da fotografía, con independencia dos seus coñecementos e experiencia.

É necesario que cada alumno dispoña dunha cámara réflex.

.

As xornadas, con carácter esencialmente práctico, desenvólvense durante seis sesións, venres pola tarde e sábado pola mañá, durante os días 13 e 14, 20 e 21 de setembro e 4 e 5 de outubro. Nestas sesións trataranse temáticas tales como:

– Naturaleza e paisaxe

– Cultura, oficios, festas e tradicións

– Arquitectura e patrimonio

– Persoas

– Foto urbana

– Venres: 16:00h a 20:00h

– Sábados: 9:00h a 14:00h

Os lugares de reunión decidiranse en función da procedencia dos alumnos e comunicarase con antelación.

 

Fotógrafos profesionais, con larga traxectoria e experiencia, que estarán durante todas as sesións:

– Ana Nieto: www.facebook.com/ana.nietoatanes

– Mark Ritchie: markritchiefotografo.com

 

 

As persoas interesadas deberán inscribirse enviando un correo electrónico á seguinte dirección: comunicacion@gdrcondadoparadanta.gal Nel deberá indicar os seguintes datos:

– Nome e apelidos

– Idade

– Concello

– Equipo fotográfico (marca. modelo e ópticas)

– Experiencia en fotografía

– Temas de interese

986 663329 | gdr@gdrcondadoparadanta.gal 
Fotografías de cabeceira: Juan Pablo Moreiras
Todos os dereitos reservados.