Qué é a VIA MARIANA?

Nacida en 2017, trátase de recorrido excepcionalmente fermoso que enlaza distintos Santuarios Marianos dende Braga ata Muxía e pon de máxima actualidade unha das antigas rutas de peregrinación Compostelana, ofrecendo ó camiñante unha experiencia de recollemento e disfrute única e irrepetible. Sirva como exemplo das súas pecualiaridades o feito de atoparse con 10 kilómetros sen ninguna edificación, un tramo íntegramente repleto de natureza no que nin siquera hai cobertura de móvil. Todo un reto para aqueles que queiran desconectar e experimentar paseos plenos, onde a exploración da ruta sen tecnoloxía nos retrotrae á verdadeira esencia do peregrinaxe.

Condado Paradanta ten a sorte de formar parte deste itinerario aportando todos os tesouros arquitectónicos e paisaxísticos dos Concellos de Arbo, A Cañiza e Covelo.

FUNDAMENTOS:

Dende fai centos de anos as comunidades do Rural manteñen a tradición peregrina que cada ano conduce aos seus devotos aos Santuarios Marianos espallados polos Concellos, convertíndose en réplicas cristianizadas dos antiguos cultos do Neolítico e da Edade de Ferro. Pouca xente coñece que a Devoción Mariana é moi anterior á Xacobea e pertence ao Patrimonio Inmaterial de Galicia. Este patrimonio cultural e arquitectónico permanece cheo de vitalidade no seo das propias comarcas, pero é pouco coñecido fora deste ámbito. Agora é o momento de poñelo en valor conectando entre sí todos esos Santuarios a través de Vía Mariana, agregando ademáis un compoñente paisaxístico único que fará as delicias dos camiñantes. 

(Texto baseado nun extracto sacado de blog de Luis Riera www.caminador.es)

ETAPAS POLA NOSA COMARCA

  • Etapa 6.- Melgaço – Arbo – Parada de Achas
  • Etapa 7.- Parada de Achas · A Franqueira · Lamesa · Covelo
  • Etapa 8.- Covelo · Casteláns · Barciademera · Estacas

O GDR CONDADO PARADANTA EN APOIO A ESTA INICIATIVA

 

A Comarca Condado Paradanta non pode vivir de espaldas a un acontecemento tan relevante como é a reactivación dunha das antigas rutas de peregrinación a Santiago de Compostela, máxime cando este sendeiro atravesa tres dos nosos Concellos e ofrece aos visitantes toda a riqueza do noso patrimonio cultural, paisaxístico, gastronómico e arquitectónico. Por esta razón, dende o GDR Condado Paradanta asumimos con plena satisfacción o reto de promover activamente esta iniciativa e convertirnos en “embaixadores” ante os distintos axentes sociáis e os propios peregrinos.

En línea con esta clara intencionalidade, o día 11 de maio de 2018 celebróuse na Igrexa de A Franqueira (A Cañiza) a presentación institucional ante personalidades relevantes, principalmente os Alcaldes dos Concellos polos que discorre o trazado na súa vertiente Galega. Agradecemos a presencia dos promotores da iniciativa, José de la Riera e Luis do Freixo, e o esforzo feito por todas as persoas que se desprazaron a acompañarnos, algúns deles achegados dende a punta norte do noso país.

Así foi como recolléu a prensa a noticia previa ao evento de presentación da Vía Mariana…

… e así foi dito acto, celebrado o pasado 11 de maio en A Franqueira (A Cañiza)