[:es]

A nosa historia, as costumes, as festas, a toponimia, …,  a tradición oral é algo que en moitas das nosas parroquias, debido ao despoblamento que está sufrindo o rural, se está a perder. Debe ser unha das nosas preocupacións, cando menos, preservalas para poder dalas a coñecer ás futuras xeracións. Esa preocupación é algo latente na COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAL EN MAN COMÚN DE A GRAÑA -COVELO, esta entidade ven de sufragar os gastos de publicación dun libro que fala sobre a súa parroquia.

Unha parroquia singular A Graña. Paisaxe, historia e patrimonio é o título dun libro, de recente publicación, que cumpre perfectamente con esta función. Os membros da actual  Xunta Directiva desta Comunidade, aos cales agradecemos esta deferencia, tiveron a ben acercarnos un exemplar ata as nosas oficinas. O seu autor é Xan X. Fernández Carrera, nado no 1951, fillo de pais de A Graña, naceu en Bamiro, Vimianzo A Coruña. Mestre de profesión, exerceu a docencia en Coristanco (A Coruña). Preside o Instiuto de Estudos Bergantiñáns e forma parte da directiva do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte e da Fundación López Abente.

De maneira sinxela pero precisa e amable, o autor acércanos a paisaxe, á historia  e ó patrimonio desta parroquia pertencente ao concello de Covelo, nas súas páxinas deíxanos datos moi interesantes. Fálanos da orixe da parrroquia de A Graña, da súa relación co mosteiro de Melón, dos grañudos ( que así se denomina aos poboadores de A Graña). Estes, cóntanos con todo luxo de detalles Fernández Carrera que, ademais de adicarse a agricultrua e gandería, traballo que facian as mulleres, os nenos e os maiores da casa posto que os homes eran os que pasaban fora dela a maior parte do ano, sendo arrieiros, chegaron a vender clandestinamente sal ata no momento en que se liberou a venda deste produto non ano 1869. A pesar disto a arrieiría continuou a practicarse, pero coa chegada do ferrocaril a finais de século XIX e o inicio do transporte por estrada, foi esmorecendo ata desparecer a mediados do século seguinte. De aí que a partir da segunda metade do século XIX, os grañudos, acostumados a vivir do comercio, buscasen outra actividade que substituise a aquel produto, así foi como se iniciaron na venda de artigos téxtiles e comenzaron a bucar lugares de venda (Asturias, León Cantabria…) para este tipo de mercadoría. O ter o traballo fora supoñía correr riscos, e polo tanto unha vida mais insegura, polo que era preciso andar en grupo para buscar a maior protección. Fixose necesario botar man de mecanismos de defensa como valerse dunha lingua ou xerga propia, como era o barallete. Esta tradición de comerciantes fixo que, a mediados do século pasado, moitos dos seus habitantes emigraran a Venezuela para dedicarse ao comercio textil. Hoxe en día, durante o verán, moitos deles volven a súa terra para gozar das vacacións e non perder contacto coa terra que os viu nacer….

Noraboa a Comunidade de montes e ó seu autor pola edición e publicación deste libro que fará que as costumes e a historia desta parroquia, situada no alto do val do Tielas, non quede no esquecemento ou cando menos non se perda definitivamente.

Paco González – Begoña Boente. Equipo técnico do GDR Condado Paradanta

[:]