Amig@s, hai tempo que non nos vemos; hai tempo que non sabemos uns dos outros. Pómoslle remedio??

No pasado mes de marzo fixo un ano que comezamos co Programa LEADER Galicia 2014-2020, grazas ó cal tivemos oportunidade de compartir actividades, intereses, coñecemento, formación, ilusións… Para o GDR foi moi gratificante comprobar o alto nivel de participación acadado, o que demostra que os primeiros pasos foron polo bo camiño. Pero agora temos o reto de mellorar o feito, e pasa eso queremos contar ca túa presenza.

Estamos xa en disposición de presentarvos os novos proxectos nos que estivemos traballando estes meses, e por eso convocámosche a unha primeira xuntanza o vindeiro venres 25 de maio, ás 19:00, horas no furancho do noso amigo e emprendedor Alejandro (“Barrio das Flores” de Salceda de Caselas). Terás oportunidade, de primeira man e de modo privilexiado, de coñecer as actividades que queremos poñer en marcha nesta nova convocatoria, e de aportar as túas opinións, tranquilamente, ao redor dunha cunca de viño.

Plano de ubicación do Furancho das Flores: https://goo.gl/nMnyhr

O Gdr segue coa ilusión e o interese intacto por seguir traballando pola Comarca, e nesta nova etapa creemos que a creación de grupos informales de traballo é o mellor modo de engadir valor  e diferenciarnos, dándolle voz e protagonismo aos que realmente deben telo, os cidadans da Comarca. Tí eres un deles e queremos seguir contando contigo. Non faltes !!!

P.D.: si vas a asistir, por favor, mándanos a confirmación da túa presenza mediante un e-mail a gdr@gdrcondadoparadanta.gal. O espazo é limitado e necesitamos controlar a asistencia 🙂