Os días 19, 20 e 21 de marzo celebrarase, no concello de As Neves, a IV Semana Gastrocultural. Desta volta, o GDR entra a formar parte, xunto co Centro de Formación Profesional EFA A Cancela, dunhas xornadas que teñen como obxectivo fundamental promover o emprendemento nas áreas relacionadas coa gastronomía e turismo.

O día 19 haberá unha mesa redonda que abrirá a Directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro. Nela participará o GDR presentando o Xeodestino Terras de O Condado – A Paradanta. Javier Otero, representante da empresa INICIACTIVA, falará da elaboración do Plan Estratéxico de Turismo deste Xeodestino. Este plan axudará a posicionar este territorio como un destino turístico, a través do cal se poida xenerar oportunidades de negocio relacionadas con este sector..

A empresa Suma Importancia participará nestas xornadas pondo en marcha os obradoiros sobre emprendemento e “cómo crear unha páxina web atractiva”.

A asistencia ás xornadas é gratuita e está aberta a todo o público interesado Soamente é necesaria a inscrición para a cata de mel que se celebrará nas instalacións do Centro de Formación.