Proxecto para a recuperación do patrimonio natural na Comarca Condado Paradanta

A vaga de lumes sufrida en Galicia en outubro de 2017 devastou unha gran parte da nosa Comarca, afectando a empresas, fogares e ó noso patrimonio natural. Esta iniciativa popular, integrada por persoas sen motivacións políticas e con un forte convencimento de que debe haber un antes e un despóis, xurde para re-pensar a planificación dos nosos montes e crear unha xestión rendible e ordenada dos mesmos, co propósito final de deixarlle ós nosos herdeiros un legado natural do que se sintan orgullosos. Apúntaste a este desafío?

Se te xiras para mirar o pasado, perdes de vista o futuro

Cómo nos gustaría que fora ese futuro que temos oportunidade de deseñar?


 

A Comarca de Condado Paradanta veuse fortemente impactada pola vaga de lumes da fin de semana do 15 de outubro. Sendo unha zona onde os recursos da terra constitúen o modo de vida de centos de familias, moitas das cales perderon as súas propiedades e as fontes de riqueza, as consecuencias do lume trascenden do eido medioambiental e paixasístico para impactar directamente no día a día de centenares de fogares.

Pomos aquí, a modo de exemplo, unha das moitas iniciativas que xurdiron na Comarca. Trátase da parroquia de Guláns, Ponteareas, onde ardeu o 90 % da súa masa forestal. Unha semana despois convocouse a primeira asamblea de veciños na ermida de San Cibrán de Guláns (Ponteareas). Acudiron máis de cen persoas e falouse dos seguintes asuntos:

  • Por parte de Paco González, vicepresindente da Comunidade de montes veciñal en man común de San Cibrán de Guláns, explicouse a situación actual dos montes e o impacto que os lumes tiveron nos distintos Concellos.
  • Por parte de Juan José Romero, púxose en coñecemento dos veciños a intención de poñer en marcha esta iniciativa de rexeneración do noso patrimonio natural, labor para a cal se precisan persoas voluntarias.
  • Por parte de Rosa Covelo, responsable da oficina de voluntariado do Concello de Ponteareas (VOLTEA), déronse a coñecer as primeiras actuacións nos montes queimados, consistentes en deitar palla nas ladeiras de fortes pendentes para evitar que, por efecto das choivas, os sedimentos corran cara abaixo e se produzan os efectos da erosión no solo. As persoas asistentes foron convidadas a achegarse a unha das ladeiras e comprobar in situ a tarefa realizada polos voluntarios que a empresa Alecrín movilizou ata a zona.

Click na imaxe para leer a noticia completa

Pasada a desgraza (aínda que xamáis esquecida, ollo), toca ollar cara adiante e poñerse a construír un futuro mellor. No que segue recolleremos os pasos que vamos dando, polas seguintes razóns:

  1. É de xustiza poñer en valor o esforzo das persoas que apoian esta causa. Divulgando os seus logros dámoslle un merecido recoñecemento público e faremos que se sintan orgullosas e motivadas. O mundo transfórmase cando persoas bondadosas se unen entre sí!!
  2. Queremos que quede constancia do antes e do despois. O coñecemento que vaiamos adquirindo neste proceso pode ser de utilidade nalgún momento, e por iso é importante deixar todo rexistrado.

Comezamos?


 


… a participación social


… o turismo sostible e respetuoso


… a educación medioambiental


… a Galicia exemplar e orgullosa do seu