Pois xa rematóu ese primeiro encontro. Imos resumir a nosa impresión, agradecer a participación de quen estivo alí, e poñerlle os dentes largos aos que se perderon esa tarde tan intensa e “sabrooooooosa”.

A finalidade de esta xornada era compartir ideas, algunhas xa bastante maduras e listas para levar á mesa, e outras en fase de cocción. Temos moi claro que non podemos arrancar de costas a quen son os verdadeiros protagonistas de calquera iniciativa de dinamización (a propia xente), pero tamén sabemos que a responsabilidade de propoñer somos os xestores do GDR. Con esa formulación, a xornada do vernes no Furancho das Flores (grazas Alejandro pola túa hospitalidade e bo facer !!!!) consistiu en mostrar as vindeiras iniciativas para este exercicio, e escoitar as opinións e suxestións dos asistentes.

Podemos ser sinceiros? A calidade das intervencións superaron as expectativas, e de feito creemos que este tipo de parladoiros deben camiñar cara unha especialización por sectores que nos permita discutir intensamente sobre os diferentes ámbitos de actuación que conforman as líñas estratéxicas que o GDR Condado Paradanta propón para a Comarca. Básicamente estamos barallando catro posibilidades; a primera relacionada ca agricultura sostible como marca diferenciadora de cada ao exterior. O campo do turismo sempre é moi interesante porque permite captar recursos de persoas fora da Comarca, e por aquí veñen propostas moi atractivas para os que queiran facer de este ámbito o seu modo de vida. En terceiro lugar, non podemos descuidar aos que xa están en marcha, e por iso debemos xerar propostas formativas para comercios, empresas e persoas con vocación emprendedora. Algunhas delas foros expostas o vernes. E finalmente, a grande cantidade de terreo forestal que temos na Comarca debe ser revitalizado como consecuencia da toma de conciencia que supuxo o drama de outono do ano pasado, e para eso xa estamos traballando na iniciativa “Reverdecendo” en Organismos que van máis aló do noso territorio e que implican a outras rexións e, incluso, países.

Ese podería ser o resumo da parte “técnica” do evento do 25, pero non esquecemos a faceta lúdica de parladoiro que permitiu o reencontro de personas que compartimos moitas horas o ano pasado e que facía tempo que non nos víamos. Un furancho, unhas cuncas de viño autóctono, uns embutidos caseiros, unha exquisita empanada de ortigas, a degustación de aceite dos propios olivos de Alejandro e o peche co licor caseiro de Paula, redondearon unha tarde de conversa e diversión. Facer mención á xente nova que se incorporóu, inclusive dende outros GDRs limítrofes, e esperar poder seguir contando con eles para a vindeira xornada que xa estamos a piques de anunciar.

Temos a impresión de que comenzóu unha interesante andadura que nos pode levar moi lonxe e darnos moitas alegrías. Grazas amigos pola vosa confianza e colaboración. Contamos con vos !!!!!!!