A maioría dos negocios compraron entradas, xa fai moito tempo, para asistir como espectadores a unha liga na que hai novos equipos: Amazon, Alibabá, AirBnb, Hawckers, Uber… Pero non todos !!!! Algúns negocios preferiron sair das gradas e baixar ao terreno de xogo para participar no partido, e non só xa forman parte da liga senon que tamen comezaron a meter goles. O próximo día 27 de xuño temos programado un evento moi especial en Ponteareas con tres figuras moi destacadas deste novo esceario: 

No papel de árbrito, contaremos co doutor en Economía Álvaro Gómez Vieites para que nos amose as regras de xogo que se usan nestes novos tempos. Álvaro foi das primeiras persoas na nosa Comunidade que saltóu ao terreno de xogo, e dende aquela ben desenvolvendo coñecemento en marketing dixital e impartindo conferencias por todo o mundo. Como docente que é en importantes escolas de negocios, ten facilidade para explicar dun modo moi ameno qué temos que facer para aproveitar as oportunidades que se presentan nesa inmensa rede de consumidores chamada internet, e cal é a alineación que están presentando os equipos máis goleadores do momento. 

Brais Comesaña ven xogando como extremo dende vai dous anos, dende que decidiu poñer unha tenda online para vender pulseiras mariñas. Xunto con Javier Estévez é fundador da startup Carrick Bracelets, empresa que despóis de pouco máis de dous anos está a piques de superar o millón de euros de facturación anual, algo impensable se decidiran poñer a sua tenda nunha rúa como se facía “de toda a vida”. Na xornada do 27 teremos oportunidade de coñecer cal foi a estratexia que plantexaron para golear pola escadra a tantos competidores que tiñan moitas máis horas de entrenamento que eles.  

Jessica Rey é a directora de Marketing de A Casa Grande de Xanceda e tamén está acostumada a tirar a porta con tino. Falamos dunha coñecida empresa galega, vinculada a produtos da terra elaborados con moito mimo, que se lle subéu as barbas de grandes multinacionais lácteas dende unha pequena explotación gandeira en Lugo e agora, tras moitos regates, xa lles chimpou cinco millóns de euros coa súa líña de iougures. Xa aprenderemos cómo o lograron.

A xornada estará presentada por Roberto Pérez Marijuán, que tamén ten moito de decir neste mundo do ámbito dixital. Antes de fundar a súa propia consultora enfocada ao marketing e as vendas, co-fundóu e exercéu como director comercial en Visual Publinet, a primeira axencia de marketing dixital ubicada en Galicia.

Este ven sendo o equipo que temos no banquillo para fin de mes, con ganas de sair a mostrar toda a súa técnica e táctica.  Convidámosvos a asistir a este interesante evento que temos formulado para o vindeiro mércores 27 de Xuño, totalmente gratuito e de moito interese para todos aqueles que teñan inquietude e curiosidade por coñecer qué está pasando no mundo dos negocios nesta era tecnolóxica que nos tocou vivir. Xa vedes que mentras para algúns pintan bastos outros xa souberon adaptarse, cambiar as cartas, e facer que para eles pinten ouros 🙂