O noso andar neste Programa LEADER Galicia 2014-2020, comezou alá por mediados de febrerio deste ano, fai agora dez meses. Durante este tempo coñecín xente interesante, xente que polo seu bo facer deixa a súa pegada, e xente que se comprometeu co noso traballo. Hoxe vouvos falar dun deles, un potencial que temos na nosa Comarca, un dos moitos potenciais, un potencial vivo e con historia, un potencial que pon en valor o noso patrimonio natural, hoxe vouvos falar, co seu permiso, do meu amigo Juan Moreiras.

Non hai moito tempo que coñezo a Juan pero o suficiente para saber da súa calidade humana e profesional. Todo foi grazas a unha visita a un dos moitos proxectos que presentaron solicitude de axuda ao noso GDR. Unha tarde de maio, acompañado pola enxeñeira redatora do proxecto técnico que acompañou a solicitude de axuda, recoñecín o trazado do que será un dos roteiros mais fermosos da nosa Comarca, que porá en valor o rico patrimonio etnográfico, natural e paisaxístico da serra de Suido e do val do Tielas. María é o nome daquela enxeñeira, unha muller fermosa, doce e de conversa amena, resultou ser a parella do, que hoxe é, meu amigo Juan. A nosa conversa sobre o sendeiro da forca do lobo foi derivando noutras cuestións profesionais. Acabamos falando da labor dinamizadora que o GDR tiña previsto facer o longo deste, moribundo, ano 2017. Andabamos no GDR a voltas coa posta en marcha da nosa web. Begoña mais eu tiñamos claro que algo que debería estar presente na web do GDR eran fotografías da nosa excelsa paisaxe. María foi a solución a nosa necesidade, mellor dito, ela ofreceunos a “ferramenta” perfecta, faloume de Juan. Días despois, Juan viu visitarnos ás oficinas do GDR e ensinounos o seu portafolio fotográfico, quedamos marabillados. O resultado daquela viisita podedes velo na nosa web, a fotografía que encabeza esta entrada foi unha das elexidas.

No GDR estamos traballando nun proxecto relacionado cos lumes que asolaron a nosa Comarca, ogallá teña o apoio suficiente como para sair adiante. No deseño deste proxecto está colaborando, de maneira altruista, profesionais de diferentes sectores. Todos eles teñen algo en común o cariño pola nosa Terra e as gañas de por o seu gran de área para que algo como o que aconteceu neste outono non volva suceder, ou cando menos para que as súas consecuencias non sexan tan graves. Juan é unha desas personas.

Todos estes proxectos, e algún mais nos que andamos metidos, fixo que fora sabendo mais do seu traballo. Leva dedicado a fotografía mais de trinta anos. Ten percorrido medio mundo para captar nas súas fotografías momentos que inmortalicen a relación que existe entre a paisaxe, a fauna e o ser humano. Fotografiou encargos corporativos, actualidade, reportaxes e proxectos de conservación e desenvolvemento en trinta e cinco países durante os últimos vinte e cinco anos,colaborando na concienciación achega do traballo que leva a cabo para salvagardar o futuro das especies ameazadas e os seus habitats

Entre 1995 e 2007 foi Fotógrafo e Director Creativo de Fauna & Flora International ( FFI), a organización conservacionista máis antiga do mundo, cuxo vicepresidente é Sir David Attenborough. Entre outros proxectos, desde 1997 ata 2002 fotografou o Corredor Biolóxico Mesoamericano por encargo do Banco Mundial, FFI e a Comisión Centroamericana de Ambiente e Desenvolvemento. Entre 1997 e 2007 viaxou regularmente a Ruanda, Uganda e a República Democrática do Congo como fotógrafo do Programa Internacional de Conservación do Gorila de Montaña. Entre 2006 e 2010 traballou en diferentes proxectos de conservación e a caza furtiva no norte de Quenia, por encargo de The Northern Rangelands Trust, Ol Pejeta Conservancy e Lewa Wildlife Conservancy. Fotografou proxectos de conservación en países como Escocia, Portugal, Kirguizistán, Ucraína, Indonesia, Filipinas, Sudán, Sudáfrica, Ecuador, Arxentina, Mexico, Dominica, Montserrat, Guatemala, Honduras, Belice, O Salvador,Costa Rica, Nicaragua ou Panamá.´ O seu traballo apareceu en numerosos libros, exposicións, e foi publicado en revistas internacionais como O Pais Semanal, A Vangarda Magazine, O Mundo Magazine, XL Semanal, Time, National Geographic,Africa Geographic, Geographical, Kew Gardens Magazine, First, BBC Wildlife, Sunday Times, The Daily Telegraph, Sydney Morning Herald, L’ Internazionale, Traveller, Diversity, Der Spiegel, Berliner Zeitung, Paris Match, VSD, Marie- Claire, Ciel et Space, Interviu, Man, Viaxar, Altair, Paisaxes desde o tren, Rolda Iberia, Sete Leguas, Quo ou Moi Interesante. Pero ademáis de todos estes traballos polo mundo adiante. no seu traballo tamén ten captado marabillosas imaxes da nosa Comarca.
Si queredes coñecer o seu traballo podedes visitar a súa conta de Instagrán ; http://bit.ly/2BBuovo
 .
Paco González
Equipo técnico GDR Condado Paradanta.