I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA Condado Paradanta

O GDR Condado Paradanta

pon en marcha o I Concurso de Fotografía Condado Paradanta 2019. Se tes interese no mundo da fotografía esta é unha oportunidade inmellorable de dar a coñecer o noso territorio a través das vosas imaxes.

Dende a natureza e paisaxe ata a fotografía nocturna e astrofotografía pasando polo patrimonio, tradicións, cultura e ata por unha categoría libre para que poidas participar captando esa instantánea única.

BASES DO CONCURSO

Poderán concorrer a este certame fotográfico tódalas persoas que o desexen, sexan profesionais ou afeccionados, sempre que os seus traballos se axusten as bases.

As fotografías deberán corresponder ao ámbito territorial dos concellos que forman o GDR Condado Paradanta e encadrarse en algunha das seguintes categorías:

  • – Natureza e paisaxe
  • – Cultura, festas e tradicións
  • – Arquitectura e patrimonio
  • – Artesanía, oficios e produtos tradicionais
  • – Fotografía nocturna e astrofotografía
  • – Categoría libre, para aquelas que non encaixen nas anteriores

As fotografías deberán ir en formato JPEG e terán un tamaño mínimo de 1280 x 972 píxeles e resolución de 300 ppp.

O prazo de entrega remata as 24.00 horas do 23 de setembro de 2019.

Os traballos deberán enviarse por correo electrónico á conta: gdr@gdrcondadoparadanta.gal en formato JPEG. Xunto con cada fotografía deberán axuntarse os seguintes datos:

  1. – Nome e apelidos do autor
  2. – Teléfono de contacto
  3. – Título da foto
  4. – Breve descrición da mesma

O xurado profesional estará formado por 4 persoas elixidas polo GDR Condado Paradanta que teñan vinculación co mundo da fotografía ou das artes. Ningunha das persoas que conforman o xurado nin ningunha persoa que garde menos de tres grados de consanguinidade ou parentesco cos membros do xurado poderá resultar gañadora nesta categoría.

Para os premios do público, calquera persoa pode emitir votos a través da páxina en Facebook do GDR Condado Paradanta facendo “me gusta” na fotografía elixida, podendo votar a tódalas temáticas que se desexen.

O fallo dos premios se realizará nos quince días seguintes ao peche do prazo. Os resultados se comunicarán aos interesados directamente e se farán públicos a través das redes sociais, prensa, etc.

Para os premios do público, calquera persoa pode emitir votos a través da páxina en Facebook do GDR Condado Paradanta facendo “me gusta” na fotografía elixida, podendo votar a tódalas temáticas que se desexen.

Os autores seleccionados recibirán a súa obra impresa en alta calidade e enmarcada, ademais dun obsequio.

Tódalas fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición itinerante que o GDR Condado Paradanta levará polos distintos concellos participantes e por outros lugares que se puidera acordar.

De entre tódalas fotos seleccionadas, un xurado integrado polos profesionais anteriores e unha representación do GDR Condado Paradanta, elixirá as cinco mellores fotografías. Unha delas será nomeada “a mellor fotografía do ano 2019 do GDR Condado Paradanta”. As outras catro terán a condición de “finalistas do ano”.

O autor da mellor fotografía do ano obterá un premio consistente nunha fin de semana para dúas persoas no hotel Señorío de Nande, valorado en 500€.

Os autores das catro fotografías finalistas obterán outros tantos premios consistentes en lotes de produtos gastronómicos de calidade orixinarios do Condado Paradanta e valorados en 100 € cada un.

A organización resérvase o dereito de uso das obras premiadas, podendo realizar as copias que precise para a súa reprodución en exposicións ou para uso documental do GDR Condado Paradanta (web, redes sociais, ou calquera outro documento propio da institución), sen limitación de tempo ou lugar, indicando o nome de autor nos títulos de crédito ou nalgún lugar dentro da propia fotografía. Este dereito é compatible co uso que o propio autor queira seguir facendo do seu traballo.

Os participantes deberán ser os únicos titulares dos dereitos de autor das fotografías e responsabilizaranse totalmente de que non existan conflitos de autoría con terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe que poida aparecer relativa ás súas obras.

Os organizadores resérvanse o dereito de exclusión de calquera traballo que non pertenza ao ámbito do GDR Condado Paradanta, que presente mostras de ter sido retocado dixitalmente, ou sobre calquera outra cuestión que, á xuízo dos organizadores, non cumpra os requisitos fixados nestas bases.

Os participantes deberán ser os únicos titulares dos dereitos de autor das fotografías e responsabilizaranse totalmente de que non existan conflitos de autoría con terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe que poida aparecer relativa ás súas obras.

Tódolos participantes, polo feito de selo, aceptan as presentes bases