PROGRAMA DE FORMACIÓN EN MARKETING DIXITAL

GDR CONDADO PARADANTA

O GDR Condado Paradanta é a entidade que xestiona o Xeodestino Terras do Condado A Paradanta. Somos coñecedores da capacidade que o turismo ten como motor dinamizador das zonas rurais e é por isto polo que dende o GDR Condado Paradanta apostamos pola formación dos empresarios e emprendedores do sector turístico e complementarios. 

Así, e atendendo as demandas dos axentes económicos e sociais do territorio, organiza o  PROGRAMA DE FORMACIÓN EN MARKETING DIXITAL GDR CONDADO PARADANTA.

O obxectivo é dobre:

– Formación básica de marketing dixital

– Asimilación de contidos a través da adaptación do plan formativo tras a primeira clase segundo o nivel de coñecementos dos participantes.

O que se busca é que as persoas que traballan no sector hostalaría/turismo poidan desenvolver as súas capacidades tecnolóxicas e coñezan as ferramentas necesarias para traballar a mercadotecnia e a comunicación en liña dos seus negocios cuns obxectivos estratéxicos claros e un plan de acción encamiñado a tales obxectivos, ademais de aprenderlles a detectar as súas necesidades nesta materia.


Como as capacidades e habilidades de cada empresario/responsable son diferentes realizarase unha formación inicial sobre conceptos de marketing dixital e comunicación online e, a continuación, deseñarase un plan adaptado a dous niveis (básico e medio) coa mesma material pero con diferente profundidade nos contidos.

1. FORMACIÓN INCIAL (3 horas).

Nesta fase trasladaranse de modo grupal aos alumnos, entre outros, contidos como:

– Ecosistema e transformación dixital                   – Social Media

– Plan de marketing dixital                                      – Publicidade

– Experiencia de usuario – Omnicanalidade        – Marketing relacional

– Marketing de contidos                                          – Analítica dixital

2. PLAN EN 5 MÓDULOS E DOUS NIVEIS. FORMACIÓN EN PROFUNDIDADE.

– Módulo 1: Ecosistema e transformación dixital / Plan de marketing dixital

– Módulo 2: Social Media

– Módulo 3: SEO / MK de contidos

– Módulo 4: Publicidade Dixital

– Módulo 5: Analítica Dixital

 

Formación Inicial:

– Introducción ao programa formativo e explicación do funcionamento

– Contidos do temario

– Durante a formación identificarase o nivel de cada participante para que eles mesmos poidan saber a que nivel e módulos poder asistir para continuar a súa formación.

– Duración: unha única xornada de 3 – 4 horas

Haberá 5 módulos e 2 niveis en cada un. O temario será o mesmo para todos pero se adaptarán os contidos segundo o nivel para que os asistentes poida asimilar con maior éxito.

– Módulo 1: Ecosistema e transformación dixital / Plan de marketing dixital

– Módulo 2: Social Media

– Módulo 3: SEO / MK de contidos

– Módulo 4: Publicidade Dixital

– Módulo 5: Analítica Dixital

Os relatores de cada módulo serán especialistas de prestixio que actualmente traballan nas súas respectivas especialidades de marketing online.



FORMACIÓN INICIAL:

     Luns, 2/12/2019

PLAN MÓDULOS: 

     – Módulo 1: martes, 3/12/2019

     – Módulo 2: mércores, 4/12/2019

     – Módulo 3: xoves, 5/12/2019

     – Módulo 4: luns, 9/12/2019

     – Módulo 5: martes, 10/12/2019

A localización do curso estableceráse en función da procedencia dos participantes.

Para realizar a túa inscrición debes indicarnos os seguintes datos:


– Nome e Apelidos
– DNI
– Concello
– Teléfono de contacto
– Email
– Empresa (de pertencer a algunha)
– Redes e web da empresa (de existir)

Envía os teus datos a comunicacion@gdrcondadoparadanta.gal ou pinchando no botón inferior.

PROGRAMA COMPLETO

986 663329 | gdr@gdrcondadoparadanta.gal 
Fotografías de cabeceira: Juan Pablo Moreiras
Todos os dereitos reservados.