PREMIOS AO DINAMIZADOR RURAL

Certame de recoñecemento ás persoas e entidades que velen facendo labor polo ben social e a colectividade na Comarca Condado Paradanta

 

1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios GDR Condado Paradanta ao dinamizador rural.

2. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos previstos nos artigos 20 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en adiante, LSG).

3. En todo o non previsto nestas bases será de aplicación a LSG, así como o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada LSG.

Poderán presentar candidaturas aos premios GDR Condado Paradanta ao dinamizador rural as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, do territorio de actuación do GDR.

1. Nos termos desta resolución poderanse conceder os premios ás iniciativas que cumpran os seguintes requisitos:

– Que se localicen no territorio de actuación do GDR Condado Paradanta (Concellos de A Cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas).

– Que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada.

– Que estean executadas, ou que veñan sendo executadas, con carácter previo á data de Página 3 publicación da convocatoria.

2. Exclúense destes premios as iniciativas:

– Que obtivesen premio nalgunha das edicións dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural ou do premio Agader ao embelecemento do medio rural.

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen por correo postal certificado.

1. As solicitudes presentaranse por correo electrónico, enviando a documentación do proxecto ao correo: gdr@gdrcondadoparadanta.gal

2. Poderanse presentar solicitudes ata o venres día 27 de setembro de 2019

As persoas interesadas deben achegar coa solicitude a seguinte documentación:

– Memoria descritiva, como máximo dous folios, onde se poña de manifesto os aspectos máis importantes polo que se pretender optar ao recoñecemento de dinamizador rural.

– Documentos acreditativos da personalidade e, de ser o caso, da representación do solicitante: • No caso de persoas xurídicas:

• Certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate, en que se identifique a constitución e a representación correspondente, con indicación do seu alcance e vixencia.

• De non achegarse o dito certificado, deberán presentar copia das correspondentes escrituras de constitución e do poder de representación, debidamente inscritas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Página 4

• Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados.

– Calquera outra documentación que o promotor considere interesante, tal como cartas de apoio, publicacións, fotografías, outros documentos gráficos e, en xeral, calquera outra que contribúa a fortalecer a candidatura que se presenta.

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos, elaborados polas administracións públicas:

– DNI/NIE da persoa física solicitante.

– NIF da persoa xurídica solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– Estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de AdministraciónTributaria.

– Estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

– Estar ao día do pagamento coa Consellería de Facenda. 

 1. Os actos de instrución do procedemento en virtude dos que deba ditarse a resolución de concesión corresponderanlle á Xunta Directiva do GDR Condado Paradanta.

2. O GDR Condado Paradanta poderá requirir ao solicitante para que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento. 3. Logo de revisar as solicitudes e as emendas feitas, as candidaturas que reúnan todos os requisitos serán remitidas ao xurado ou, se é o caso, á comisión de preselección, encargados da súa valoración.

Os premios outorgaranse ás iniciativas que se adecúen aos requisitos esixidos nestas bases, conforme os seguintes criterios de valoración:

1.- Contribución da iniciativa á actividade económica do territorio no que se desenvolve (máximo 15 puntos)

2.- Contribución da iniciativa á actividade social do territorio en que se desenvolve (máximo 15 puntos).

3.- Grao de sustentabilidade da iniciativa desde o punto de vista económico, ambiental e sociocultural (máximo 10 puntos).

4.- Contribución a incorporación e inserción laboral da muller (máximo 10 puntos).

5.- Grao de consolidación da iniciativa (10 puntos).

6.- Grao de innovación, excelencia e orixinalidade (máximo 10 puntos).

7.- Grao de contribución á inserción de colectivos ou persoas socialmente desfavorecidas Página 6 (máximo 10 puntos).

8.- Grao de implicación en políticas de igualdade (máximo 10 puntos).

9.- Grao de apoio social (máximo 10 puntos)

Son obrigas das persoas premiadas:

– Destinar o importe dos premios a realizar melloras, conservación ou actuacións complementarias respecto das iniciativas premiadas. As persoas premiadas deberán poder acreditar o cumprimento desta obriga, ante o GDR para realizar o control financeiro, durante o ano seguinte ao pagamento do premio.

– Acreditar, con carácter previo á concesión e ao pagamento dos premios, que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e que non teñen débeda pendente de ningunha natureza coa Comunidade Autónoma de Galicia.

– Reintegrar, total ou parcialmente, o importe do premio no suposto de incumprimento dos requisitos e condicións establecidas para a súa concesión.

– Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

– Comunicar ao GDR todos os cambios que se produzan nos requisitos e condicións que determinaron a concesión do premio

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da LSG, o GDR publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas premiadas e o importe dos premios concedidos. Incluirá, igualmente, as sancións que, como consecuencia deles, puidesen impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. O GDR fará unha difusión axeitada dos premios concedidos, a través dos medios que, en cada caso, se consideren convenientes, co fin de dar a coñecer as iniciativas premiadas.

986 663329 | gdr@gdrcondadoparadanta.gal 
Fotografías de cabeceira: Juan Pablo Moreiras
Todos os dereitos reservados.