ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN

Estas son as vindeiras propostas que che facemos e ás que estas convidado

Histórico de eventos e xornadas promovidas polo GDR Condado Paradanta

II XORNADA DE NEGOCIOS

5 de outubro | Castelo de Vilasobroso | Mondariz

Unha nova oportunidade para dar a coñecer o teu negocio e xerar sinerxias con outros empresarios que potencien os téus resultados

MENTORING EN FEMENINO

25 de setembro | Balneario de Mondariz

Almorzo de traballo das Empresarias de Galicia para compartir coñecemento e experiencias coas persoas da Comarca, e tecer relacións profesionáis.

SEMANA DE MENTORING 2018

Setembro

Programa de mentorización comercial e estratéxica para proxectos emprendedores que teñan acadado financiación ao abeiro do programa Leader 2014-2020

SEMANA DE EMPRENDEMENTO 2018

Setembro

Programa de cinco días dedicados especialmente a persoas con vocación emprendedora que queiran coñecer as claves para validar a súa idea e aprender a darlle forma

AS OPORTUNIDADES DO LUME

Agosto-Setembro

Ciclo de conferencias e actividades lúdicas para poñer en valor os avances realizados en materia ambiental por mor dos lumes de outubro de 2017

FEIRA DOS OFICIOS ARTESÁNS · 35ª EDICIÓN

4 e 5 de agosto | Mondariz

Un homenaxe a todas esas persoas que manteñen vivo o legado recibido e poñen arte e cariño na elaboración de productos tradicionáis.

II PARLADOIRO ABERTO DA COMARCA

Venres 27 de xullo · 18:00 horas · Salvaterra de Miño

Temos xa preparado o segundo parladoiro, que será moi especial ao coincidir co eclipse total de lúa máis longo do século. A intención é falar de TURISMO, pero temos preparadas unhas cantas actividades lúdicas que serán do voso agrado, sen dúbida.

ASÓMATE AO FUTURO · CÓMO FACER NEGOCIOS NA ERA DIXITAL

27 de xuño | 18:00 a 21:00 | Auditorio de Ponteareas

Facturar 5 millóns de euros vendendo iogures ou 1 millón de euros facendo pulseiras. Así son os novos tempos. Imos reflexionar sobre isto… e algo máis.

XORNADAS TÉCNICAS SOBRE TURISMO

25 · 26 · 28 de Xuño

O turismo é fonte de riqueza, pero hai que prepararse para dar unha boa imaxe que xenere reputación e posicione a Comarca no lugar que se merece.

I PARLADOIRO ABERTO DA COMARCA

Venres 25 de maio · 19:00 horas · Salceda de Caselas

Comenzamos unha nova actividade con periodicidade mensual que pretende ser un foro de ideas e participación, aberto a calqueira persoa da Comarca con interés en dar o seu punto de vista sobre o tema que se propoña para cada mes.

FEIRA AGROSOSTIBLE E DAS LETRAS GALEGAS

17 de maio · Mondariz

Dando apoio ó Concello de Mondariz, o GDR Condado Paradanta convídavos a participar neste día festivo de ensalzamento dos productos naturáis e da nosa língua.

 VIA MARIANA

11 de maio · A Franqueira

Sabías que pola nosa Comarca pasa a primeira ruta de pregrinación que conecta Braga con Muxía, pasando por Santiago de Compostela?

CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA

En marcha

Vense celebrando en Mondariz e A Cañiza durante tódolos sábados ata setembro.

 

CURSO DE COMUNICACIÓN COMERCIAL E NEGOCIACIÓN

2017

Cinco días para coñecer os principios básicos da persuación comercial e poder aplicala para captar e fidelizar clientes

 

CURSO DE WORDPRESS

2017

Aprende a crear a túa propia páxina web utilizando o programa máis popular do mercado.

 

I PROGRAMA DE CAPACITACIÓN PROFESIONAL PARA EMPRENDEDORES

2017

Parladoiros e obradoiros de alto poder engadido para potenciar as habilidades persoáis e profesionáis

 

I XORNADA DE NEGOCIOS

2017

Xuntanza de empresarios da Comarca para dar a coñecer os séus negocios e pechar acordos de colaboración