CURSO DE WORDPRESS E SOCIAL MEDIA

Nos vindeiros días terá lugar un interesante curso sobre wordpress e redes sociáis que pretende poñer nas mans dos emprendedores e empresarios a xestión da sua comunicación corporativa. Sendo, como é, a comunicación unha das áreas críticas de calquer negocio de cara a poder captar clientes, tarefas de tal importancia deben estar directamente xestionadas por responsables internos coñecedores da “esencia” da compañía e con capacidade para transmitir valores e emocións a través dos distintos canales. Sacar estas tarefas para fora supón arriscarse a xerar comunicación impersonal, estándar, paso previo á indiferenciación dos productos e a pérdida da proposta de valor. Neste curso amosaremos ferramentas para poder levar una xestión da comunicación con plena autonomía, dende dentro da propia empresa.

P.D.: Lamentamos informar que o curso conta con limitación de prazas para a súa correcta implementación, e nestes momentos ambas convocatorias teñen o aforo completo. 

XORNADA DE PECHE DO PROGRAMA DE CAPACITACIÓN PROFESIONAL PARA EMPRENDEDORES

O Equipo técnico do GDR estamos preparando a xornada de peche do Programa de capacitación profesional para emprendedores que se vai desenvolver o día 22 de setembro no auditorio do edificio do Centro Cultural de o Concello de A Cañiza.

Para este evento contaremos coa presenza de autoridades das Administración Local mais da Administración Autonómica. O programa terá varios apartados, entre eles farase a presentación dos proxectos que, durante esta semana, se van a mentorizar. Trátase de 19 emprendedores que prentenden recibir formación para saber como orientar a súa idea de negocio ou para reorientar o negocio que veñen desenvolvendo. A mentorización correrá a cargo dos consultores, Roberto Pérez Marijuan e Juan José Crussat, da empresa Suma Importancia, que veñen colaborando con nos o longo de todo o Programa.

A continuación deixamos o programa, que pode sufrir variación, da xornada de peche. A asistencia ó evento é totalmente gratuita previa inscrición, que podedes facer no seguinte enlace: https://desenvolvementorural.com/evento-de-peche/

Data: vernes 22 de setembro

Horario: 18:00 horas a 21.00 horas.

Lugar de celebración : Auditorio do centro cultural de o Concello de A Cañiza

 

  • Apertura insitucional.
  • Relatorio.
  • Monólogo.
  • Presentación de proxectos desenvolvidos no I Programa de Capacitación (I).
  • Actuación musical (I)
  • Presentación de proxectos desenvolvidos no I Programa de Capacitación (II).
  • Actuación musical (II).
  • Entrega de agasallos e diplomas.
  • Relatorio por parte do Xerente do GDR Condado Paradanta.
  • Peche do evento

Ó remate degustaremos un viño galego por xentileza da adega Señorío de Rubiós.

UNHA PARROQUIA SINGULAR: A GRAÑA. PAISAXE, HISTORIA E PATRIMONIO

A nosa historia, as costumes, as festas, a toponimia, …,  a tradición oral é algo que en moitas das nosas parroquias, debido ao despoblamento que está sufrindo o rural, se está a perder. Debe ser unha das nosas preocupacións, cando menos, preservalas para poder dalas a coñecer ás futuras xeracións. Esa preocupación é algo latente na COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAL EN MAN COMÚN DE A GRAÑA -COVELO, esta entidade ven de sufragar os gastos de publicación dun libro que fala sobre a súa parroquia.

Unha parroquia singular A Graña. Paisaxe, historia e patrimonio é o título dun libro, de recente publicación, que cumpre perfectamente con esta función. Os membros da actual  Xunta Directiva desta Comunidade, aos cales agradecemos esta deferencia, tiveron a ben acercarnos un exemplar ata as nosas oficinas. O seu autor é Xan X. Fernández Carrera, nado no 1951, fillo de pais de A Graña, naceu en Bamiro, Vimianzo A Coruña. Mestre de profesión, exerceu a docencia en Coristanco (A Coruña). Preside o Instiuto de Estudos Bergantiñáns e forma parte da directiva do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte e da Fundación López Abente.

De maneira sinxela pero precisa e amable, o autor acércanos a paisaxe, á historia  e ó patrimonio desta parroquia pertencente ao concello de Covelo, nas súas páxinas deíxanos datos moi interesantes. Fálanos da orixe da parrroquia de A Graña, da súa relación co mosteiro de Melón, dos grañudos ( que así se denomina aos poboadores de A Graña). Estes, cóntanos con todo luxo de detalles Fernández Carrera que, ademais de adicarse a agricultrua e gandería, traballo que facian as mulleres, os nenos e os maiores da casa posto que os homes eran os que pasaban fora dela a maior parte do ano, sendo arrieiros, chegaron a vender clandestinamente sal ata no momento en que se liberou a venda deste produto non ano 1869. A pesar disto a arrieiría continuou a practicarse, pero coa chegada do ferrocaril a finais de século XIX e o inicio do transporte por estrada, foi esmorecendo ata desparecer a mediados do século seguinte. De aí que a partir da segunda metade do século XIX, os grañudos, acostumados a vivir do comercio, buscasen outra actividade que substituise a aquel produto, así foi como se iniciaron na venda de artigos téxtiles e comenzaron a bucar lugares de venda (Asturias, León Cantabria…) para este tipo de mercadoría. O ter o traballo fora supoñía correr riscos, e polo tanto unha vida mais insegura, polo que era preciso andar en grupo para buscar a maior protección. Fixose necesario botar man de mecanismos de defensa como valerse dunha lingua ou xerga propia, como era o barallete. Esta tradición de comerciantes fixo que, a mediados do século pasado, moitos dos seus habitantes emigraran a Venezuela para dedicarse ao comercio textil. Hoxe en día, durante o verán, moitos deles volven a súa terra para gozar das vacacións e non perder contacto coa terra que os viu nacer….

Noraboa a Comunidade de montes e ó seu autor pola edición e publicación deste libro que fará que as costumes e a historia desta parroquia, situada no alto do val do Tielas, non quede no esquecemento ou cando menos non se perda definitivamente.

Paco González – Begoña Boente. Equipo técnico do GDR Condado Paradanta

NO RURAL SÍ SE PODE

Coa chegada do mes de setembro, voltamos coas actividades do noso Programa de capacitación profesional para emprendedores. Deste xeito, o vindeiro 5 de setembro, ás 17.00 horas no auditoiro muncipal do concello de Mondariz, celebraremos un parladoiro no que reflexionaremos sobre a posta en valor dos recursos do rural e as posibilidades de xerar modos de vida en torno a eles, sen necesidade de “escapar” a entornos de cidade e desarraigarse da propia terra.
Agardamos contar coa vosa presenza.

Preme no seguinte enlace para inscribirte, é de balde:

No rural sí se pode

VOLTAMOS EN SETEMBRO

Con un notable éxito, tanto pola participación como pola calidade dos relatores que impartiron os obradoiros durante este mes de xullo, remata a primeira parte do Programa que o GDR Condado Paradanta esta organizando, contando para o seu deseño e desenvolvemento cos consultores Roberto Pérez Marijuan e Juan José Romero Crusat da empresa Suma Importancia. O obxectivo era claro, por a disposición da poboación da nosa Comarca un programa de primer nivel que dificilmente pode verse na nosa contorna.

O Programa arrancou, da mellor das maneiras, con Fernando Sánchez (Superpyme) no parladoiro que se desenvolveu no auditorio da Casa da Cultura de A Cañiza. Grazas Fernando es un fenómeno, que maneira mais divertida de comunicar.

Poucos días mais tarde, na Sala Multiusos de o Concello de Ponteareas, Raquel Pedrouso impartiu o obradoiro sobre intelixencia emocional. Raquel con dinámicas de traballo do mais diviertidas, ata nos fíxo bailar, mostrounos como poden influir as emocións nas nosas relacións personais e profesionais.

Con Diego Parajó fómonos ata o CDL O Torrón, no Concello de Salceda de Caselas. Diego falounos e ensinounos as técnicas mais eficaces para xerar ideas. Durante tres horas enchemos as paredes do CDL de pos-it con magnificas ideas dos participantes.

Da man de Chio Infante, en Salvaterra de Miño, aprendemos sobre técnicas de marketing e vendas. Xa sabemos, entre outras moitas cousas, que según sexa o perfil do noso interlocutor terá que ser a nosa mesaxe e a maneira de facela chegar.

En Arbo, con Santiago Martínez, aprendemos sobre comunicación e oratoria. Que tres horas mais intensas e formadoras e que capacidade, a de Santiago, de ternos sen pestanexar e sen movernos das nosas butacas. Temos que agradecer o Alcalde de Arbo, Horacio Gil, que nos agasallara con un viño da terra de Arbo ó remate do obradoiro.

Non queremos tampouco deixar de agradecer o apoio recibido polos Alcaldes dos Concellos sedes de estes obradoiros, moitos deles estiveron con nos durante o desenvolvemento das actividades.

E agora, durante o mes de agosto, facemos un parón no Programa pero o 5 de setembro volveremos coas pilas ben cargadasd para abordar a segunda parte deste fantástico, e agardaos que produtivo, programa.

Estaremos en Covelo, con Pablo García Fortes, que nos impartirá o obradoiro “motivación emprendedora” e o día 7 de setembro cun evento execpcional que servirá para coñecer “casos de éixto no rural”, no que empresas que desenvolven a súa actividade no rural falarannos da súa motivación para emprender no rural, as razóns polas cales o fixeron, as dificultades que atoparon para iso e como lograron superalas, haberá sorpresas!

Que teñades un moi bo mes de agosto, no GDR Condado Paradanta estaremos a vosa disposción nas nosas oficinas, no Concello de A Cañiza, no edificio do antigo Centro Comarcal de A Paradanta.

Xa sabedes; Valora e vive, EU SON RURALITA¡¡¡

 

Equipo Técnico GDR.

Paco González – Begoña Boente

Apertura da convocatoria de Axudas Leader 2014-2020: Anualidade 2017-2018

Novo LEADER 2014-2020

Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo 2014-2020: Ti es o Protagonista

Charlas informativas e de difusión do Programa LEADER Galicia 2014-2020-

Reunións, por mesas sectoriais, cos socios do GDR.

Convocada Asemblea Xeral do GDR Condado – Paradanta

Vindeiras reunións das mesas sectoriais do GDR Condado – Paradanta para o mes de maio do 2017