Atoparon unha cadela vagabundeando polas súas instalacións, adoptáronna e agora lévana polas escolas de Galicia para sensibilizar ós mozos e mozas contra o abandono dos animáis (proxecto “educando con Malibú”).

Para combater o despoboamento do rural apostaron polo emprendemento dende idades temperás e crearon un proxecto inspirado en Steve Jobs cunha pincelada de humor. Steve Jobs arrancóu nun garaxe e lanzóu unha marca que ven representada por unha mazá. Eles fomentan que dende os rapaces galegos ata persoas adultas con vocación emprendedora arranquen desde unha granxa e fagan dos recursos da terra o seu modo de vida. ¿Cómo creedes que se chama ese proxecto? Fácil: ¡¡cultiva mazás!! Os participantes nesta iniciativa reciben formación específica en materia de emprendemento e fan periódicas excursións a empresas galegas do entorno rural para que se empapen dos valores de sostenibilidade e amor pola terra que eles mesmos queren preservar.

Crearon o Certamen Heroes Verdes para premiar a todos aqueles que loitan por facer un mundo máis amigable e sostible. Esta primeira edición ganouna a protectora de animáis de Ourense PROGAPE. Noraboa !!!!!

Teñen casi 27.000 seguidores en Facebook sen falar dos productos que venden.

Este 2018 cumpriron 50 anos de historia con tres xeracións ó frente do negocio (agora mesmo diríxeo a neta do fundador).

O seu despegue dende pequena explotación do rural ata converterse nunha Peme exemplar debéuse á aposta clara e decidida pola posta en valor da calidade do produto en orixe, creando canles de comunicación e comercialización parellos ós da gran industria alimentaria, o que lles permitíu acadar facturacións millonarias sen alterar os procesos productivos máis puros e tradicionáis.

¿De quén estamos a falar? A resposta o vindeiro 27 de xuño no Auditorio de Ponteareas 🙂

Entrada de balde previa inscrición: gdr@gdrcondadoparadanta.gal