A Banda de música xuvenil de Xinzo é hoxe nova nós períodcios e medios dixitais. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dependende da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, acaba de concederlle o premio que leva  o nome da Axencia ás inciativas de desenvolvemento rural dirixida á candidatura de “proxectos realizados por mozos que teñan a este colectivo como prinicipal beneficiario”. Esta Asociación Xuvenil promove o desenvolvemento rural actuando como un axente socio-económio que vai máis alá do ámbito de actuación e a cultura, dentro do territorio de actuación que neste caso xestiona a nosa Asociación.

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo (BMXX) constitúe, en si mesma, un claro exemplo de iniciativa xuvenil de desenvolvemento socio-económico vencellado ó territorio. Un proxecto local, rural e cohesionante. Un proxecto da mocidade vivo, activo, con tradición e con futuro. Coa BMXX a música toma forma de dinámica social, de crecemento económico, de aporte educativo-cultural, de tradición e de futuro, aglutinando sinérxicamente entorno a si, a vida desta característica parroquia Ponteareá. A BMXX constituise en 1979 como unha asociación de carácter artístico, cultural e xuvenil sen fins de lucro. Cos seguintes obxectivos:

  • Conservar e fomentar o patrimonio artístico-musical e tradicional galego especialmente no ámbito rural.
  • Promocionar actividades culturais-xuvenís en tódalas ordes.
  • Desenvolver e potenciar cantas actividades sexan posibles para fomentar e instruír na arte musical á mocidade que o desexe.
  • Procurar o achegamento da mocidade a diversos tipos de formacións musicais como corais, grupos de música de cámara e grupos de música tradicional.
  • Impulsar a formación dos seus integrantes para que no futuro incrementen as súas posibilidades de acadar unha saída profesional no eido musical.
  • Fomentar a igualdade de xénero entre todos os membros da Asociación.ç

Sempre estivo integrada por mozos/as menores de 35 anos. Desde o 1998 a BMXX conta con Escola de Música propia, proporcionando os mozos e mozas achegarse a esta disciplina. Facilita, tamén, o acceso ós estudos musicacis da poboación mais nova e/ou con menos recursos económios da parroquia de Xinzo e dás cercanías.

Deixámos nesta entrada o enlace a nota de prensa que hoxe difunde esta agradable nova: http://bit.ly/2xVCuKx