II Parladoiro aberto da Comarca. “Conversas ó redor ….das estrelas”


Para o día 27 de xullo propoñemos realizar o II parladoiro aberto da Comarca, esta vez cunha temática concreta sobre a que queremos sacar ideas susceptibles de ser postas en marcha: cómo potenciar o turismo na Comarca Condado Paradanta.

  • Non é por casualidade que esta segunda xuntanza se faga na Adega LUZ DE ESTRELAS. O 27 de xullo será un día especial porque acontecerá o eclipse total de lúa máis longo do século, e por esta razón buscamos un lugar no que poder disfrutar deste acontecemento; a Adega Luz de Estrelas, en Salvaterra de Miño, dispón dun observatorio astronómico. O seu promotor, Manuel Céspedes, ábrenos as súas portas para que nos xuntemos no seu espazo e teñamos unha velada única, mexturando debate e lecer.
  • Non é por casualidade que queiramos falar de turismo. A fináis do mes de xuño vimos de realizar as I Xornadas Técnicas que demos en chamar “a integración dos recursos turísticos no desenvolvemento do territorio”. Nelas participaron relatores que aportaron a súa experiencia na posta en marcha dos seus proxecto e/ou organizacións. Puidemos xuntar diferentes axentes expertos na materia que nos achegaron iniciativas postas en marcha na Comunidade e que sirven de exemplo de bo facer. Agora toca poñer en práctica as súas indicacións, e para iso imos xuntar neste parladoiro a todas aquelas persoas con ideas e iniciativas vencelladas a este eido, o turismo máis o desenvolvemento do territorio.

Para os que queirades apuntarvos, de seguido ampliamos a información do evento:

  • DATA E HORA: vernes 27 de xullo, de 18:00 a 24:00
  • Lugar: Adega Luz de Estrelas en Salvaterra de Miño.
  • Ubicación: https://goo.gl/maps/BAUyjaPvC5H2
  • Programa:
    • 18:00 Paseo pola contorna do río Tea, guiado polo naturólogo Carlos Venade
    • 20:00 Visita guiada polo interior da Adega Luz de Estrelas
    • 20:30 Cea e debate
    • 22:30 Explicación sobre as estrelas e visionado do eclipse luar.
  • Inscricións: gdr@gdrcondadoparadanta.gal
  • Límite: 20 prazas, por riguroso orde de chegada da solicitude
  • Prezo: 10€ por persoa