CURSO DE WORDPRESS E SOCIAL MEDIA

Nos vindeiros días terá lugar un interesante curso sobre wordpress e redes sociáis que pretende poñer nas mans dos emprendedores e empresarios a xestión da sua comunicación corporativa. Sendo, como é, a comunicación unha das áreas críticas de calquer negocio de cara a poder captar clientes, tarefas de tal importancia deben estar directamente xestionadas por responsables internos coñecedores da “esencia” da compañía e con capacidade para transmitir valores e emocións a través dos distintos canales. Sacar estas tarefas para fora supón arriscarse a xerar comunicación impersonal, estándar, paso previo á indiferenciación dos productos e a pérdida da proposta de valor. Neste curso amosaremos ferramentas para poder levar una xestión da comunicación con plena autonomía, dende dentro da propia empresa.

P.D.: Lamentamos informar que o curso conta con limitación de prazas para a súa correcta implementación, e nestes momentos ambas convocatorias teñen o aforo completo. 

XORNADA DE PECHE DO PROGRAMA DE CAPACITACIÓN PROFESIONAL PARA EMPRENDEDORES

O Equipo técnico do GDR estamos preparando a xornada de peche do Programa de capacitación profesional para emprendedores que se vai desenvolver o día 22 de setembro no auditorio do edificio do Centro Cultural de o Concello de A Cañiza.

Para este evento contaremos coa presenza de autoridades das Administración Local mais da Administración Autonómica. O programa terá varios apartados, entre eles farase a presentación dos proxectos que, durante esta semana, se van a mentorizar. Trátase de 19 emprendedores que prentenden recibir formación para saber como orientar a súa idea de negocio ou para reorientar o negocio que veñen desenvolvendo. A mentorización correrá a cargo dos consultores, Roberto Pérez Marijuan e Juan José Crussat, da empresa Suma Importancia, que veñen colaborando con nos o longo de todo o Programa.

A continuación deixamos o programa, que pode sufrir variación, da xornada de peche. A asistencia ó evento é totalmente gratuita previa inscrición, que podedes facer no seguinte enlace: https://desenvolvementorural.com/evento-de-peche/

Data: vernes 22 de setembro

Horario: 18:00 horas a 21.00 horas.

Lugar de celebración : Auditorio do centro cultural de o Concello de A Cañiza

 

  • Apertura insitucional.
  • Relatorio.
  • Monólogo.
  • Presentación de proxectos desenvolvidos no I Programa de Capacitación (I).
  • Actuación musical (I)
  • Presentación de proxectos desenvolvidos no I Programa de Capacitación (II).
  • Actuación musical (II).
  • Entrega de agasallos e diplomas.
  • Relatorio por parte do Xerente do GDR Condado Paradanta.
  • Peche do evento

Ó remate degustaremos un viño galego por xentileza da adega Señorío de Rubiós.

UNHA PARROQUIA SINGULAR: A GRAÑA. PAISAXE, HISTORIA E PATRIMONIO

A nosa historia, as costumes, as festas, a toponimia, …,  a tradición oral é algo que en moitas das nosas parroquias, debido ao despoblamento que está sufrindo o rural, se está a perder. Debe ser unha das nosas preocupacións, cando menos, preservalas para poder dalas a coñecer ás futuras xeracións. Esa preocupación é algo latente na COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAL EN MAN COMÚN DE A GRAÑA -COVELO, esta entidade ven de sufragar os gastos de publicación dun libro que fala sobre a súa parroquia.

Unha parroquia singular A Graña. Paisaxe, historia e patrimonio é o título dun libro, de recente publicación, que cumpre perfectamente con esta función. Os membros da actual  Xunta Directiva desta Comunidade, aos cales agradecemos esta deferencia, tiveron a ben acercarnos un exemplar ata as nosas oficinas. O seu autor é Xan X. Fernández Carrera, nado no 1951, fillo de pais de A Graña, naceu en Bamiro, Vimianzo A Coruña. Mestre de profesión, exerceu a docencia en Coristanco (A Coruña). Preside o Instiuto de Estudos Bergantiñáns e forma parte da directiva do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte e da Fundación López Abente.

De maneira sinxela pero precisa e amable, o autor acércanos a paisaxe, á historia  e ó patrimonio desta parroquia pertencente ao concello de Covelo, nas súas páxinas deíxanos datos moi interesantes. Fálanos da orixe da parrroquia de A Graña, da súa relación co mosteiro de Melón, dos grañudos ( que así se denomina aos poboadores de A Graña). Estes, cóntanos con todo luxo de detalles Fernández Carrera que, ademais de adicarse a agricultrua e gandería, traballo que facian as mulleres, os nenos e os maiores da casa posto que os homes eran os que pasaban fora dela a maior parte do ano, sendo arrieiros, chegaron a vender clandestinamente sal ata no momento en que se liberou a venda deste produto non ano 1869. A pesar disto a arrieiría continuou a practicarse, pero coa chegada do ferrocaril a finais de século XIX e o inicio do transporte por estrada, foi esmorecendo ata desparecer a mediados do século seguinte. De aí que a partir da segunda metade do século XIX, os grañudos, acostumados a vivir do comercio, buscasen outra actividade que substituise a aquel produto, así foi como se iniciaron na venda de artigos téxtiles e comenzaron a bucar lugares de venda (Asturias, León Cantabria…) para este tipo de mercadoría. O ter o traballo fora supoñía correr riscos, e polo tanto unha vida mais insegura, polo que era preciso andar en grupo para buscar a maior protección. Fixose necesario botar man de mecanismos de defensa como valerse dunha lingua ou xerga propia, como era o barallete. Esta tradición de comerciantes fixo que, a mediados do século pasado, moitos dos seus habitantes emigraran a Venezuela para dedicarse ao comercio textil. Hoxe en día, durante o verán, moitos deles volven a súa terra para gozar das vacacións e non perder contacto coa terra que os viu nacer….

Noraboa a Comunidade de montes e ó seu autor pola edición e publicación deste libro que fará que as costumes e a historia desta parroquia, situada no alto do val do Tielas, non quede no esquecemento ou cando menos non se perda definitivamente.

Paco González – Begoña Boente. Equipo técnico do GDR Condado Paradanta